Renné Coox. Fonte: Cortesía do artista
É unha das grandes exposicións do ano no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAG). O vindeiro 16 de xullo e baixo o nome Afro Modern. Journeys through the black atlantic abrirase unha mostra de gran formato que repasa cronoloxicamente a influencia da cultura negra na arte. África, América (Norte e Sur), o Caribe e Europa conformaron o que Paul Gilroy bautizou como o Atlántico Negro, concepto que define a fusión das culturas negras con outras orixinarias do atlántico. Esas influencias plasmáronse en artistas como Romare Bearden, Walker Evans, Pablo Picasso ou Keith Piper. Do chamado Renancemento de Harlem ata polémica actual arredor da arte da post-negritude, o CGAC percorre os camiños (reais ou inventados) desa fonda relación.

