Naceron ao abeiro dos camiños, da necesidade de contar historias e acabaron por converterse nun oficio. Despois de moitos anos á marxe (que non esquecidos) os conteiros, contacontos ou palabreiros acaban de agruparse para “pedir cousas e organizar actividades” segundo Cándido Pazó, o seu primeiro presidente. Os profesionais das palabras presentáronse como colectivo baixo o nome “Variosventos”. Con este paso abren unha nova etapa na narración oral.
“Chamámonos Variosventos porque representa todas as modalidades de traballar a palabra” explicou Cándido Pazó na rolda de prensa na que se deron a coñecer ao público. “Nisto da narración oral hai como dous pés ben diferenciados” apunta estreado presidente. “Dunha banda está o Stand-up Comedy, que glosa o cotiá facendo humor mordaz e no que non ten que haber un fÃo narrativo; e da outra está o conto, que ten fÃo narrativo e non é de actualidade e está ao pé do acervo cultural”. E no medio “hai un campo e hÃbridos nos que se atopa unha gran variedade de traballadores e se vai adaptando ás necesidades do público, do escenario...”. Por iso, en Variosventos hai desde xente moi mediática que traballa na televisión como pode ser Róber Bodegas, ata outros profesionais que traballan nun ámbito moito menos coñecido como poden ser os institutos ou outro tipo de centros de ensino. A contacontos Paula Carballeira, narradora e membro desta nova entidade, engadÃa outro significado máis ao nome da asociación, que tamén se debe á natureza do seu traballo de “ir dun lado para o outro” sen máis atrezzo que as palabras. Nisto radica outra das particularidades desta profesión, de ir vestidos coa palabra e que moitas veces non necesita de grandes artificios e resulta máis sinxelo de adaptar a diferentes escenarios sexa grandes, medianos ou pequenos con maior ou menor infraestrutura. “En Galicia está a metade de núcleos de poboación de toda España, que non teñen capacidade para grandes espectáculos e nós somos... o sector que lle convimos ao paÃs” apunta Pazó. Precisamente nesta particularidade reside unha das grandes vantaxes deste colectivo.
O traballo de contar contos
“Contamos contos pero non vivimos do conto” sentencia Soledad Felloza, unha das integrantes deste colectivo que procura na súa unión defender eses intereses comúns. “Cotizamos á seguridade social, temos facturasÂ… isto é unha forma de vida e aÃnda que á xente non lle pareza pódese vivir disto” engade Paula Carballeira. Agora, coa constitución desta asociación, pretenden que Agadic conte con eles dun xeito consciente á hora de establecer a súa programación. “Hai un circuÃto de música, de maxia, de teatro.. pero non para os contadores de historias en todas as modalidades” explica Candido Pazó. Por iso, cando este venres se reúnan co director de Agadic, Juan Carlos RodrÃguez Fasero, esta é unha das primeiras demandas que lle van presentar. “Queremos que non se nos considere un apéndice das artes escénicas” engade Pazó ao tempo que apunta que nos últimos anos teñan participado en máis de 10.000 encontros que se sucederon en diferentes escenarios. “Somos capaces tanto de encher o GarcÃa Barbón (Vigo), como de calquera bar pequeno e tan necesaria é unha cousa como a outra”. Estes contadores de historias son perfectamente conscientes de que en época de crise os seus espectáculos (de pequeno formato) son perfectamente válidos para ser programados. “Preocúpanos ese interese para coller o máis barato” apunta unha Paula Carballeira que asegura que “a crise se nota en todos os sectores e neste momento existe unha gran precariedade mesmo nos espectáculos máis económicos”. Ao mesmo tempo asegura que con esta iniciativa que leva moitos anos dando voltas non pretenden ser competencia con ningunha outra actividade dramática “é unha actividade de baixo custe e máis programable”.
Co fin de ofrecer unha maior información os contacontos reunidos en Variosventos contarán en breve cunha páxina web con información que sirva de referencia sobre as súas actividades, os seus custes, e as caracterÃsticas de cada espectáculo que facilite tanto o contacto coa cidadanÃa como a contratación de funcións.
Con “estilo” propio
Paula Carballeira explica que os contacontos galegos “temos un estilo propio, unha maneira de contar á galega que se traduce non só en como contamos as historias, senón tamén no contamos”. As súas son historias de aparecidos, de choiva, da paisaxe e máis tamén da paisanaxe que chaman moito atención alá naqueles paÃses nos que teñen desenvolvido a súa actuación ao longo dos últimos anos (Colombia, Venezuela, Ecuador, Perú, Portugal, Polonia, CroaciaÂ….). “Non todos somos galegos pero temos un estilo de contar tan propio que a xente percibe en nós ao mellor non un Fole, que non é tan coñecido, pero si a Cunqueiro ou a Castelao” explica Pazó, ao que o acusan de ter esa maneira de contar “a la gallega”.