
Da man do Centro Dramático Galego e de Sapristi Tatro xorde Por que o meniño se coce na Polenta? unha historia que conta a vida de Agaja, "a filla do Charlot de RomanÃa e Miss Josephine, a muller dos cabelos de aceiro” que se teñen que exiliar durante a ditadura de Ceaucescu e vive nunha caravana de circo. AsÃ, a modo diario, Aglaja conta a súa vida de cando tiña trece anos na que afloran temas como a epxlotación infantil, os abusos, os malos tratos, o sexo, o desarraigamento ou a identidade propia. “É unha historia para contar, por iso cada ano se representa A polenta en paÃses diferentes” asegura Roberto Leal. Nesta andaina Leal contou coa colaboración de Quico Cadaval (que adaptou o texto), Marta Pazos (responsable do espazo escénico e vestiario), Gustavo Dieste (axudante de dirección), Baltasar Patiño (deseño de iluminación), Nuria Sanz (actriz única deste espectáculo) e Nacho Sanz (responsable da música en directo).
A idade do por que?




