Diálogo con outros sectores, actuar criticamente á hora de elaborar a información e, sobre todo, coñecer mellor aos usuarios. Estas son algunhas das claves nas que coincidiron os profesionais de medios como TVE ou a Cadena SER e programas como Metrópolis que participaron nas xornadas “Comunicar cultura” organizadas no Consello da Cultura Galega.
“Houbo un tempo no que a cultura era a primeira información que caÃa das escaletas dos informativos cando aparecÃa algún feito noticioso” asegura Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas e un dos participantes nas xornadas, Comunicar Cultura nas que se fai unha radiografÃa do que supón informar sobre os ámbitos culturais. Non é un traballo doado, pouco valorado e con moitos riscos: espectacularización, plaxio, redundanciasÂ…. Profesionais dos medios, investigadores e expertos achegaron as súas claves para mellorar a información cultural entendida en sentido amplo: as tradicionais industrias culturais, asà como a ciencia, a polÃtica, tecnoloxÃaÂ… “A cultura é un concepto amplo e moitas veces mal entendido” asegurou Pereiro. O decano da facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira aludiu ao carácter poliédrico da información cultural “é entretemento, é información, pero tamén é opinión e servizo” apuntou.
A esencia do xornalismo
“A receita principal é informar con atención e buscando información propia” asegura Francisco RodrÃguez Pastoriza, profesor de “Xornalismo Cultural” na Universidade Complutense de Madrid. Esta premisa, máxima no xornalismo, foi abandeirada por todos os participantes nos debates do primeiro das dúas sesións nas que se realizaron as conferencias. Xosé Manuel Pereiro incidiu no feito de que os gabinetes de prensa (único espazo no que se incrementaron os postos de traballo xornalÃsticos, segundo os estudos realizados pola Facultade de Ciencias de Comunicación e o Colexio Profesional de Xornalistas entre 2003 e 2009) incrementaron a calidade e a cantidade do seu traballo. “Teñen máis tempo para elaborar a información e coñecen mellor a materia da que falan” asegura Pereiro ao tempo que advirte que o resultado do seu traballo é que as notas de prensa se publican e locutan directamente nos medios impresos e electrónicos.
A receita para fuxir do dirixismo imposto desde os gabinetes de prensa tamén a achegaron tanto Xosé Pereira coma Xosé Manuel Pereiro que aseguraban que o papel de xornalista ha de actuar como “verificador e organizador”. Ademais diso, outro dos aspectos que engadÃa Carlos ElÃas era na necesidade da especialización, “a formación especializada é o único camiño para que o xornalista ofreza información de calidade”. Pero a diferenza do que acontecÃa antes, agora o xornalista non está só senón que agora ten na rede todo un guieiro para o seu traballo. “Un pode acceder á información da NASA desde o seu ordenador, con independencia do lugar do mundo no que estea a desenvolver o seu traballo e iso facilita o traballo para ofrecer información veraz e eficaz” engadÃa ElÃas. E iso non é “só válido para os xornalismo que se practica na rede, senón tamén para todos os soportes”.
Francisco RodrÃguez Pastoriza, engadÃa un novo elemento para mellorar a información cultural nun soporte como a televisión. “Temos que fuxir da tendencia de que, como os programas se emiten a horas intempestivas, o xornalista oriente o seu produto para ese público” puntualizou.
Por último, VÃctor Sampedro, ofrecÃa a fórmula imprescindible para todo tipo de xornalismo, sexa cultural, polÃtico e cientÃfico “arredar a información como mercadorÃa e máis como servizo”. E para iso, Sampedro optaba por unha reformulación profunda dos modelos comunicativos e, sobre todo, dos medios públicos.
A necesidade do usuario
Pero ningún dos relatores esqueceu o contexto dixital no que vive a práctica do xornalismo actual de feito, a maior parte dos relatores a estas xornadas apuntaban a un “cambio de paradigma”. O fluxo da comunicación non parte do emisor, senón que está a medio camiño entre o xornalista e o seu público, visibilizaba Xosé Pereira nun gráfico durante a súa intervención. E nese aspecto incidiron todos os presentes, con independencia do medio no que desenvolvÃan a súa práctica profesional. MarÃa Pallier, directora do espazo de TVE Metrópolis apuntaba que “a presenza e a implicación dos usuarios era máis lento do que se esperaba”. Acto seguido, pasou a explicar os diferentes modelos de participación nun dos programas máis lonxevos da televisión que acaba de celebrar os seus 25 anos que Ãan desde as redes sociais ata “As escolas de Metrópolis”, unha forma de darlle cabida á creatividade que se estaba a xestar nas escolas de formación.
“O consumo cultural aumenta” avanzou e logo xustificou estatÃsticamente Xosé Pereira, por iso, debates para reforzar e mellorar a información cultural, resultan de utilidade. As xornadas sobre Comunicar Cultura, finalizarán o xoves 29 de abril ás 17 horas no Consello da Cultura Galega coa conferencia “Diversidade cultural e converxencia dixital” que dictará Jesús MartÃn Barbero, profesor da Universidade Javeriana de Bogotá, membro do Consejo Nacional de Ciencias Sociales de COLCIENCIAS e do Consejo Nacional de Cultura de Colombia