Compañeiros de xeneración de Os resentidos e Siniestro Total , grupo punk que se autodefinÃan como “antihippies” e “antifolquis”. Son Radio Océano e hoxe suben aos escenarios vinte e cinco anos despois. O encontro terá lugar na Sala Nasa esta noite, nun acto que estarán artistas como Marcos “Galegoz” Payno, Leo i Arremecaghoná, Martiño “The Homens” Wu, Marcos “Rastreros”, Fran “Papaqueixo” Amil, Xosé Bocixa “Zënzar”, Xurxo Souto, Antón Reixa, Julián Hernández, Miguel Costas, UxÃa Senlle ou Antón Losada. Despois, o grupo formado por Xosé Manuel Pereiro (daquela Johny Rotring) e Santiago Romero interpretarán algunhas das súas cancións mais sonadas (Como o vento, Esto no es Hawai, Aplazamiento, La Chica de Bens...). O concello da Coruña tamén estará a preparar a súa homenaxe cunha cunha exposicion sobre a publicación alternativa na que colaboraban, La Naval, máis un disco compilatorio cos seus maiores éxitos.