Non é exactamente un xénero musical, senón que parte da unión de diferentes instrumentos para ofrecer unha nova proposta musical. O ensemble cobra forza en Galicia da man de numerosas formación como Fonos21, o Taller Atlántico Contemporáneo, Ensemble Século XXI
. Composición e interpretación para achegar novos camiños que hibridan percusión, corda, voz e outros xéneros como a danza ou o vídeo.
O concepto de ensemble é algo aberto explica Pablo Coello, director de Fonos21, unha entidade que leva máis dez anos facendo actividades de base musical e con repertorio contemporáneo. Unha especie de hibridación que non conta co beneplácito do mundo académico, que olla para o ensemble con certa distancia. Coello cre que nos conservatorios hai certo rexeitamento con este tipo de repertorio. Pero o panorama parece que pode cambiar. Coa remuda xeracional do profesorado dos centros académicos que se xunta a unha fornada de músicos que teñen arredor duns trinta anos, estanse a explorar novos camiños para a música. É o caso dalgúns dos integrantes de Fonos21, pero tamén o doutras agrupacións que xorden na Coruña, Vigo e Santiago vencelladas tanto aos conservatorios como á Orquestra Sinfónica de Galicia ou a Real Filharmonía. Son os promotores do ensemble que lles dá unha maior liberade á hora de propoñer proxectos con outros sectores como a danza ou o vídeo pero sen perder o referente o elemento que prevalece é o musical explica Pablo Coello.
Particularidades
Fonos21 leva dez anos no mercado, un tempo que lle permite ter unha traxectoria con diversas ramificacións e moitos proxectos. O núcleo desta formación ten que ver co saxofón e levamos dez anos traballando xuntos, ben na formación do cuarteto de saxofón con outras combinacións como son a electrónica ou o canto apunta ao tempo que aclara que a asociación ten dúas entidades ben definidas. Dunha banda está Sax21, que é o cuarteto de saxofón e; da outra, Ensemble21 na que, partindo dunha base de saxofón procuran facer un traballo con músicos doutros instrumentos como o contrabaixo, piano, percusión ou mesmo voz. Esta hibridación permitiulles estrear dentro do programa do Vía Stellae na edición de 2009, un dos mellores programas de música clásica a nivel europeo; e para este ano están a preparar un proxecto cun grupo de corda alemán que esperan poder presentar ao longo deste Xacobeo.
Pero non sempre é fusión de ámbito musical, xa que Fonos21 ten traballado con outros xénero como a danza ou a videocreación. Temos un proxecto de música e de títeres que desenvolvemos coa compañía Trompicallo e que estamos pendentes de que levar polos centros apuntou.
As demandas
En Galicia non hai infraestrutura neste sentido que poida ser facilmente comprendido e tampouco hai un ámbito que se dedique a este tipo de espectáculos denuncia Coello. Así, cada proxecto que propoñen é un partir de cero na busca tanto de repertorio, formacións, planificación do proxecto para, posteriormente executalo. Diferentes partes dun proceso no que o que destaca é o repertorio. Sempre facemos fincapé no contido musical a nivel de compositores, máis que no de conseguir contratos, xa que pensamos que iso debe correr pola nosa conta apunta Pablo. Por iso, a súa demanda pasa porque a Xunta cree convocatorias de axuda para composición. Non é unha petición tan estraña, xa que estas liñas de subvencións xa existen noutras comunidades como o País Vasco ou Cataluña apunta Coello. Ademais, este énfase na composición tamén destaca noutros colectivos, xa que Taller Atlántico Contemporáneo destaca un decidido compromiso coa recuperación, creación e interpretación da obra de compositores galegos.
Tamén é certo que Coello apunta que as dificultades e a problemática de saída, proxección e popularidade que teñen este tipo de formacións son comúns no ámbito europeo.