Tras un primeiro EP de catro temas en 2005 e a súa exitosa colaboración con Juan Rivas co disco Un mundo feliz e a xira correspondente desde o 2007, a banda de acid-jazz Donatore di Groove ven de seacar ao mercado o que é o seu primeiro disco de longa duración. Dios es sixty (SUL Producciones, 2009) esta xa desde onte á venda en tendas e na rede e ofrece doce temas de composición propia e unha versión do tema central da pelÃcula francesa Un hombre y una mujer (Un homme et une femme, 1966), icona da época á que se refiren no tÃtulo do álbum. Os Donatore di Groove fórmanse como grupo en Vigo no 2002, en base a integrantes da banda Cinnamon Gum, o cuarteto está actualmente formado por Iván Salgado, órgano Hammond; Isaac Garabatos, guitarra; Jean Marc Van Loo, baixo e David Outumuro, baterÃa. A súa pouco común proposta musical baséase nun son “retro” de tintes jazz-funk, de tendencias sixties e con groove enérxico apoiado no caracterÃstico órgano Hammond.