Para o equipo que produciu Ao pé do lar. Memorias de cociña, desde o primeiro momento viuse clara a necesidade de amosar unha visión diferente da gastronomÃa galega. “Interesábanos observar as lareiras e as cociñas como parte fundamental dun sistema de transmisión cultural”, indica Manuel Gago, comisario da exposición. “De feito, o nome da exposición, Ao pé do lar, alude a unha curiosa pasaxe duns Diálogos en galego de 1836, no que un pai aprende cousas do mundo a través do seu fillo seminarista, ao que escoita en voz alta aproveitando o lume lareira. Gustábanos pensar en que a gastronomÃa e a vida estaba vinculada ao coñecemento”.
O lume como imaxe e metáfora
O lume é o elemento central desta exposición, que se poderá visitar no Museo do Pobo Galego entre o 6 de febreiro e o 7 de marzo. Promovida por Turismo de Santiago e o Fórum Gastronómico 2010 As cociñas do Atlántico, está a ser patrocinada por Galicia Calidade coa colaboración especial da Fundación Caixa Galicia. Ata o mundo contemporáneo, foi a lapa sempre prendida o que presidiu o hábitat de Galicia, mudasen os séculos e as tecnoloxÃas. Un equipo multidisciplinar, no que participaron xornalistas, fotógrafas, historiadores e arqueólogos, asà como cociñeiros, puxéronse mans á obra para ofrecer esta gran produción.
As fotógrafas Soledad Felloza e Maribel Ruiz de Erenchun centráronse no retrato de espazos habitados, das cociñas cos seus propietarios e usuarios. Son fotografÃas que tentan retratar a privilexiada luz destes espazos, organizadas co lume como eixo central e co afán de retratar ao suxeito integrado de xeito normal no seu contorno.
A cociña como almacén de memoria
Esta viaxe, que comeza na Idade do Ferro, leva ao longo das diferentes etapas históricas, clases sociais e xeografÃas do paÃs para amosar a diversidade e a riqueza dos espazos de procesado e elaboración de alimentos, que iso son as cociñas. “Unha percepción que se nos fixo clara no traballo de campo”, afirma Gago, “é o feito de que moitas cociñas, que se manteñen de xeración en xeración, atesouran en obxectos unha significativa parte da memoria familiar. É como se nas cociñas se preservase mellor o pasado que no resto dos espazos domésticos”. No concello da Veiga, nun escano da Casa Otilia, por exemplo, estaba labrado na madeira un alquerque do nove, un xogo medieval tallado por un pai para os seus nenos a partir dun modelo gravado na rocha dun castelo medieval desaparecido. “Toda unha relación de significantes e significados que cambian e se redefinen continuamente”.
Coa asesorÃa histórica de Xavier Castro, a exposición permÃtenos comprender que é o que cambia, que é o que se engade e desaparece en cada época. Silvia Canabal e Juan Castro foron os responsables de facer visibles, en versión tridimensional, algunhas das cociñas e sistemas de procesado e consumo de alimentos máis grandes do paÃs. É o caso dun gran infográfico que representa o “mosteiro galego ideal”. A recreación 3D reúne partes de Acibeiro, Sobrado dos Monxes, Oseira e Leiro para axudar a comprender a complexa infraestrutura gastronómica dos grandes cenobios medievais.
O traballo de campo, que significou contar coa colaboración de máis de 200 persoas ao longo de toda Galicia, significou localizar cociñas que en si mesmas son auténticos monumentos históricos. “Xusto cando pecharamos a exposición”, engade Gago, “apareceu a cociña máis significativa que se verá na mostra, a do Pazo de Santa Mariña do Castro de Amarante. Cando nola ensinaron, brincamos do susto. Esa cociña, de aproximadamente 1540, xa a viramos nalgures: nos gravados dos tratados renacentistas italianos de gastronomÃa. Esa cociña é unha xoia viva e en uso da arquitectura galega”.
I+G: conectar historia coa restauración contemporánea
Unha das apostas máis interesantes da exposición é indagar ao redor dos pratos que seguiron cada unha destas épocas. Coordinadas polo xornalista e experto gastronómico Miguel Vila, dúas cociñeiras, Erundina Vázquez (Restaurante Ateneo, en Piñor) e Inés Abril (Restaurante Maruja Limón, Vigo), recuperaron seis receitas de diferentes épocas do noso acervo cultural. Erundina Vázquez realizou a versión tradicional e Inés Abril ofreceu unha visión de acordo coas técnicas contemporáneas. Este proceso de investigación será obxecto doutra reportaxe nos vindeiros en culturagalega.org.
Unha visión das cociñas
Casa do Carpinteiro (Adro de RodÃs, Cerceda, A Coruña). A familia pasa as tardes de domingo na cociña, ao redor da cociña de ferro. De esquerda a dereita, MarÃa, Carmen, Gely, AntÃa, Marco, José e Azucena. (Foto: Maribel Ruiz Erenchun)
A Cociña dos Tres Arcos, AbadÃa de Oseira (San Cristovo de Cea, Ourense).
O gran mosteiro de Oseira fundouse no século XII e converteuse nun dos cenobios máis grandes, en dimensións e en número de frades, de Galicia. Os irmáns cistercienses continúan a habitar este espazo e adaptaron a maxestosa Cociña dos Tres Arcos para os seus usos actuais. Na imaxe, o irmán Nacho. (Foto: Maribel Ruiz Erenchun)
Casa Trabazo (A Estrada, Pontevedra).
Marujita continúa a dar comidas (e soados cocidos) nesta casa fundada polo seu avó antes da Guerra Civil, que conserva a decoración orixinal canda os recordos que o tempo foi xuntando. (Foto: Sole Felloza)
Casa Otilia (Meixide, A Veiga, Ourense).
Na montaña ourensá as cociñas son espazos pechados e reducidos, co lume no centro da habitación e escanos e artesas dispostas arredor. Todo ten valor simbólico. A pequena mesiña empregada para comer, ricamente tallada. Os xogos de habilidade gravados nos bancos para que xogaran nenos e nenas. Otilia sostén na man un diminuto banquiño. FÃxollo seu pai para que ela puidera sentar no escano cando era pouco máis que un bebé. (Foto: Sole Felloza)