Na actualidade, vemos o Euro como o grande exemplo de moeda internacional, empregada en moitos paÃses e recoñecida alén das súas fronteiras coma unha divisa válida. No entanto, no noso propio paÃs existiron varios exemplos de moedas que eran xustamente o contrario: pezas de circulación restrinxida, que só tiveron utilidade en ámbitos e momentos moi concretos e que nos amosan costumes e xeitos de vivir ben diferentes aos de hoxe.
“En tempos de escaseza económica, como a comezos do século XX ou sobretodo durante a postguerra civil, empregábanse ante a escaseza de moedas oficiais, non habÃa fisicamente moedas de baixo valor para dar os trocos”, explÃcanos Iago Urgorri, coleccionista e un dos responsables da revista especializada Omni. Nesas situacións, tirábanse pezas que equivalÃan en determinados locais, ao seu valor en pesetas ou céntimos. “Trátase de moedas que non se acuñaban en cecas oficiais. Normalmente estaban elaboradas por orfebres”.
Cociñas, cafés e casinos
InsÃrense neste campo, por exemplo, as ficas da Cociña Económica da Coruña. Canda a inscrición deste organismo, levan gravada a Torre de Hércules por unha banda e pola outra o seu valor. Tamén se conservan os seus equivalentes da Cociña Económica de Vigo, que os mandaba acuñar a Xunta Municipal de Beneficiencia. Tamén se conservan, por exemplo, fichas de 10 céntimos da Sociedade ArtÃstica de Vigo, de 1938 ou as que se conservan do Café Regional de Ourense, de 25 céntimos. Canda a estes exemplares, consérvanse fichas con valor monteraio, como as dos casinos de Lugo e de Pontevedra, e mesmo o de Compostela que “posiblemente fosen de xogo, pero tamén se podÃan empregar como moedas deste tipo”, lembra Urgorri.
Gastos no balneario
De xeito semellante ao dos casinos, tamén o máis coñecido dos balnarios galegos, o de Mondariz, contou durante anos con moedas propias, coñecidas popularmente como “peinadores”, apelido dos irmáns responsables do centro desde finais do século XIX . “Hai moitÃsimas e de moi diferentes tipos”, explica Urgorri. “As que se lle atribúen ao Balneario levan un M dentro dun sol raiado. Hai outras que poñen ``Peinador´´, e que tamén se lle atribúen a Mondariz”, lembra. Canda a estas, “tamén hai un modelo no que se pode ver un caldeiro para quentar a auga e que levan a lenda ``Aguas de Mondariz´´. Pode que non todas as que se supoñen de alà sexan do Balneario, pero si que hai moitas que non teñen dúbida”, explica.
Moedas para os rapaces
Un caso ben curioso e bastante recente de moeda local é o caso da que circulou no complexo La Ciudad de los Muchachos de Bemposta desde 1956 ata o seu feche na altura de 2003. “Alà tiñan a súa propia divisa. En 1958 acuñáronse moedas, cando menos de 50 e de 100 coroas. Despois xa só empregaron billetes, ao comprobar que o papel era moito máis barato”. No momento en que fechou o complexo, cada coroa equivalÃa a un euro, e os rapaces do centro cobraban nesta moeda polas súas horas de estudo ou de traballo.
O pago de Deus
Posiblemente o caso máis prolongado no tempo de moedas deste tipo no noso paÃs son as do Cabido Catedralicio de Compostela, coñecidas como Tanto de Coro. “Hai documentación que rexistra que se empregan entre os séculos XVII e XVIII a nivel interno na Catedral. Non se sabe moito delas. PodÃan empregarse para pagos rituais ou para ofrendas da liturxia”. Malia a que aqueles primeiros exemplares coñecidos estaban feitos de chumbo e de latón, co tempo pasaron a se facer de cobre e mesmo de prata e de ouro, xa no século XX. “Estas últimas fÃxoas unha xoierÃa viguesa, na Guerra Civil ou posteriormente. Levan unha estrela de oito puntas e mais unha vieira gravadas”.
Incentivos na cataquese
Non estas as únicas acuñacións de carácter eclesiástico no noso paÃs. “Hai pouco descubriuse a existencia das moedas parroquiais. FacÃanse de aluminio e algunhas, como as de Santiago, levaban o nome da parroquia”, explica Urgorri. “Levan lendas coma Catecismo parroquial e un Cristo ou un Sagrado Corazón pola outra cara. Empregáronse ao longo do século XX ata os anos 60 ou 70, e dábanselle aos nenos por cada dÃa que fosen ao catecismo ou de se comportaren ben. Depois podÃan mudalas por agasallos en Reis. Desde un punto de vista numismático apareceron recentemente e están pouco tratadas”, aÃnda que non ha ser difÃcil atopar quen lembre estas fichas e os agasallos que obtiveron con elas.
Como se pode comprobar, non son poucos os tipos de pezas deste tipo que circularon polo noso paÃs e que achegan cadansúa historia. Segundo asegura Urgorri, en breve poderemos coñecer novos casos e máis datos sobre as moedas que xa se coñecen, e adianta que el mesmo publicará algunha nova peza na revista que codirixe.

Ficha do Casino de Vigo
Fonte: OMNI, www.identificacion-numismatica.com
50 céntimos do Balneario de Mondariz
Fonte: OMNI, www.identificacion-numismatica.com
Un real do Balneario de Mondariz
Fonte: OMNI, www.identificacion-numismatica.com
GalerÃa: Moedas privadas galegas
Moedas de 10 e de 25 céntimos do Balneario de Mondariz Fonte: OMNI, www.identificacion-numismatica.com