O 2009 foi un ano convulso para as artes escénicas. O cambio de goberno marcou un novo ritmo amparado polas destitucións, nomeamentos e adiamentos. Os actores uníronse para denunciar a parálise do sector, pediron explicacións ao tempo que continuaron coa produción escénica. Unha maior profesionalidade, espectáculos de gran formato e moito traballo nun ano que Inma López Silva e Gonzalo Rodríguez peneiran para Culturagalega.org
Foi un ano no que considero que as compañías históricas seguiron a asentarse dentro do panorama social de Galicia, presentando espectáculos de temáticas moi variadas pero cunha factura de gran profesionalidade e onde parece que queren agromar outros proxectos moi esperanzadores para o futuro da escena afirma Gonzalo Rodriguez, un apaixoado ao teatro que ademais é secretario da Asociación de Amigos do Teatro Jofre. Pero Gonzalo tamén bota en falta é a presenza nos escenarios de máis obras de dramaturgos galegos que si están aparecendo nos distintos premios de escrita teatral, Alvaro Cunqueiro, Rafael Dieste, etc..
A escolma dos espectáculos escénicos de Gonzalo é O xogo de Yalta. Afterplay de Brian Friel pola Cía. Teatro do Atlántico, Atra Bile de Laila Ripoll pola Cía. Teatro de Ningures, Rúa Aire da Cía. O Retrete de Dorian Gray. Teatro do Atlántico, na súa XXV Temporada, segue a presentarnos, coa factura de calidade á que xa nos ten acostumados, obras de autores universais como neste caso, un achegamento a obra de Chejov. Teatro de Ningures con Atra Bile, baixo a dirección de Etelvino Vázquez, fai un achegamento ao teatro valleinclanesco no que fai aflorar esas grandes actrices que ten esta compañía e Rúa Aire de O Retrete de Dorian Gray sorprendeume pola súa frescura e orixinalidade, sobre todo tratándose dun espectáculo para público familiar afirma Gonzalo que tamén insiste na falta de normalización do teatro en Galicia que impide un recoñecemento a nivel social.
Aínda que non se trata dun espectáculo propiamente considerado de artes escénicas quixera facer unha mención ao último acto ao que puiden asistir, este pasado domingo día 27. Trátase da XVIII Noite Poética "A Pipa 09", na casa de cultura de Becerreá, na que se homenaxeaba a Yolanda Castaño, e que me sorprendeu pola súa posta en escena moi coidada e traballada o cal comprendín ao enterarme de que un dos organizadores era Afonso Becerra de Becerreá.
Canda Gonzalo, Inma López Silva, licenciada en filoloxía galega e unha experta en artes escénicas, selecciona deste 2009, O segredo dos Hoffman, Glass City e Wake up. Do primeiro, asegura que supón a consolidación de Rosa Álvarez como unha directora hábil e elegante no panorama teatral galego. De Glass City de Teatro Noroeste, dirixido por Eduardo Alonso, Inma López Silva trátase dun musical de pequeno formato que demostra que en Galicia e en galego hai opcións de realizar espectáculos que atraian a un público maioritario e familiar, sen necesidade de renunciar á reflexión intelectual e/ou histórica como, neste caso, a memoria da ditadura. Do terceiro espectáculo (Wake Up, dirixido por Carlos Neira) López Silva afirma que Nut Teatro é xa un dos nosos referentes para o teatro contemporáneo ou postdrama, un espazo verdadeiramente alternativo onde os públicos que procuran a novidade e a suxestión atopan eses valores e non saen defraudados.