Os risos enchen estes dÃas Pontevedra. Por terceiro ano consecutivo as rúas e os escenarios da cidade énchense de pallasos e artistas do todo tipo no marco do III Festival Internacional de Clown de Galicia. Cursos, encontros entre profesionais e mesmo a vertente solidaria da risa teñen un oco na Cidade do Lérez ata o vindeiro vinteún de xullo.
Outros xeitos de cultura, outros xeitos de teatro
Mimos, pallasos tradicionais ou transgresores, xograres, improvisacións, pallasos galegos e internacionais, afeccionados e profesionais. Todo serve para facer rir. O Festiclown naceu coa intención de acoller todas estas manifestacións escénicas que carecÃan dun punto de encontro no noso paÃs. Por unha banda pretendÃa aportar un punto máis no que os pallasos de todo tipo puidesen pór en escena os seus números e intercambiar experiencias. Pola outra banda querÃa reivindicar a arte de facer rir e achegala ó grande público. Este achegamento tentou facerse tanto permitindo ver os espectáculos coma ofrecendo ós interesados a posibilidade de aprender técnicas para facer rir.
Segundo Iván Prado director do festival, pretendÃase “cubrir un oco artÃstico e cultural” e amosar que “outra cultura é posible”, cun modelo de festival no que o importante é a xente e que todo o mundo ten posibilidades de participar, desde os profesionais consagrados ós afeccionados. Todo isto dentro dun concepto da cultura “para transformar a realidade”.
Desde estas perspectivas os membros da empresa de animación cultural Cooperactiva, que organiza o Festiclown desde o comezo, puxéronse en contacto co Concello de Pontevedra, que aportou o seu apoio económico ó evento, un apoio ó que se sumou na terceira edición a Fundación Caixa Galicia.
A solidariedade da risa
Desde o comezo o festiclown contou cun grande compoñente de solidariedade internacional. A Universidad Popular Madres de Plaza de Mayo, o proxecto educativo Semillita del Sol en Chiapas e unha caravana de Pallasos pola Paz en Palestina recibiron cadanseu ano unha boa parte da recadación dos espectáculos. Unha porcentaxe que chega ó o 75% do recadado nas actuacións que se celebran durante o festival e que sube ata o 90% do que se obtén da xira promocional que percorre Galicia nas semanas previas ó evento. Nesta terceira edición, ademais de financiar a caravana que organiza a ONG Pallasos sen Fronteiras, o Festiclown está presente na acción mediante a compañÃa Os Sete MagnÃficos Máis un, nada ó abeiro do propio encontro.
Sete máis un
Unha das vertentes máis curiosas deste festival foi que, logo da primeira edición, formouse unha compañÃa de clowns a partir das cen horas de cursos que se impartiron. Os sete magnÃficos máis un é “unha compañÃa improvisada, circunstancial, quizais incluso non exista”, explica a web do festival, na que se xuntaron un grupo de afeccionados ó clown provenientes dos máis diversos eidos escénicos, tanto a nivel amateur coma profesional. Este grupo de pallasos, que nin sequera ten un número fixo de compoñentes, impúxose a a misión de de rescata-lo Clown en Galicia e para isto iniciaron a súa actividade na segunda edición do festival pondo en escena a obra “Cousas de Mulleres”, guionizada por todos os seus integrantes e dirixida por Good Idea Company, o grupo encargado de impartir os cursos. Desde entón o grupo realizou unha xira por diferentes lugares da xeografÃa galega amosando o seu espectáculo con grande éxito de público e mesmo participando en eventos fóra do paÃs.
Nesta terceira edición Os sete magnÃficos máis un continúan o seu traballo facendo animación de rúa e presentando un novo espectáculo, “Manicomio só para clowns” que dirixe Carlo Colombaioni. Ademais, o grupo participando na caravana solidaria a Palestina onda Pallasos sen Fronteiras. Os seus membros sinalan que a compañÃa desaparecerá “unha vez conseguido o seu obxectivo (de aquà a vinte ou trinta anos...)”.
De aquÃ...
Para os organizadores esta terceira edición “marca o peche do ciclo do nacemento, a partir de aquà terá que vir a adolescencia” do Festiclown. Para celebrar este peche do ciclo introducÃronse abondosas novidades no encontro. AsÃ, creouse a sección Maraclown, na que varias compañÃas actúan pola zona vella da cidade para os viandantes a cambio do que estes lles ofrezan, oficializando en certo xeito esta maneira de traballar. Ou o Clown Off, no que os artistas poden probar espectáculos “en construcción” ante o público para coñecer qué funciona e qué non. Ou a homenaxe, que este ano se dedica a un veterano do oficio, Carlo Colombaioni. Ou a oficialización de eventos que na anterior edición foron sorpresas, coma a visita de pallasos ó hospital ou a celebración de lume e ritmo que é a Clownsession.
Todo isto a sumar á xa clásica Mostra Internacional de Clown, ó Certame e ó Desclowntrol, que enche de actuacións as rúas do casco vello, ós cursos de formación e as diferentes actuacións.
...en adiante
Segundo sinala Iván Prado, as perspectivas de futuro pasan por consolidar o festival, para o que reclama unha maior implicación de institucións e empresas. De calquera xeito recoñece que o éxito que acadou o encontro, tanto a nivel de participación de público coma no apoio e no interese das compañÃas, superou as perspectivas dos organizadores. Prado asegura que o festival é a dÃa de hoxe a maior plataforma para a formación de pallasos de toda España, sete cursos con 144 prazas e nomes de primeira liña na docencia, unha formación que está apoiada cos cursos que ofrece a propia empresa Cooperactiva fóra do festival.
Os proxectos son continuar expandindo o festival, ampliando a influencia do evento a toda Galicia e mesmo a Portugal, tanto enviando actuacións de grupos participantes no evento coma realizando actividades de formación.. Queda aÃnda pendente se a celebración do festival continuará a ser en Pontevedra, algo que, segundo Prado, dependerá en grande medida dos resultados electorais nas vindeiras eleccións municipais.