Malia a que hoxe estamos acostumados á idea de que todas as moedas que empregamos veñen de Madrid, noutros tempos non había que ir tan lonxe para conseguir estas pezas. Desde os tempos dos romanos ata o século XIX, Galicia produciu moeda para os máis variados reis e gobernos. Desde aquelas que levaban a cara de Augusto, ata as que amosaban a Isabel II, cecas do noso país deixaron a súa marca específica en pezas que hoxe son prezados obxectos de colección polos numismáticos. Indagamos da man dun destes coleccionistas na historia das moedas galegas.
A primeira moeda que podemos considerar nidiamente galega sería o As de Lucus Augusti, explica Iago Urgorri, historiador e coleccionista. A peza, de entre os anos 25 e 23 antes de cristo, amosa por unha banda a cara do que logo sería emperador, e pola outra unha caetra, o tipo de escudo que se empregaba nesta zona. Tamén hai moeda divisoria desta época, coma dupondios ou sestercios. Pénsase que era unha ceca móbil que tamén funcionaba en Astorga e en Braga, pero sen dúbida o principal taller estaba en Lugo. Antes destas moedas empregábanse anacos de prata ou de ouro con pesos específicos qeue funcionaban para o troco, o que se coñece hoxe como premoedas.
A descentralización monetaria
A chegada do Imperio, e a súa correspondente centralización, eliminaría a produción de moeda no noso país ata a chegada da Idade Media. A nivel numismático o seguinte paso está con suevos e visigodos. Nese campo hai moi poucos investigadores, porque a maior parte das acuñacións son escasas e moi caras, entón son tamén difíciles de coleccionar. As que se conservan son todas de ouro, aínda que supomos que habería algún tipo de divisor, lembra Urgorri. Nesta época acúñanse pezas en diferentes localidades do noso país. Cos suevos, por exemplo, fíxose moeda en Lugo, Ourense e Tui. Os visigodos aínda descentralizaron máis a emisión e acuñaron en lugares coma O Incio, Cedeira, Catoira, Valdeorras e, especialmente, en Betanzos e Compostela. O primeiro do que se coñecen acuñacións en Galicia é Recaredo, entre o 586 e o 601, e as últimas producíronse baixo o reinado de Exixca e Witiza, entre o 695 e o 702, aídna que non todos os reis acuñaron en todas as cecas.
As moedas do arcebispo
Logo deste período, atopamos de novo un baleiro a nivel de moedas que só se racha con Afonso VI, xa no século XI, que produce diñeiros, a moeda da época, en Compostela entre outros lugares. Realmente, quen acuñaba era o arcebispo Xelmírez. O rei facía concesións para acuñar moeda e cobraba impostos a cambio. Xelmírez acuñou con el, e aínda despois con Afonso VI e con Dona Urraca, explica Urgorri. As moedas desta época aparecen identificadas coa lenda S Iacobi como marca da ceca compostelá, ao carón dun crismón, o coñecido símbolo cristiano que semella un cruce entre un x e un p, mentre a outra cara está ocupada por unha cruz. Galicia nunca sae, como topónimo, nas lendas das moedas medievais, onde puña normalmente o nome do rei e dos países nos que reinaba, explica este coleccionista que lembra que con Afonso VII multiplícanse as pezas que se conservan. Moitas das súas acuñacións son por zonas, e hai tipos de diñeiros que só aparecen en lugares concretos. É bastante complexo, e hai quen sostén que en Galicia, ademais de en Compostela, tamén se fixeron moedas en Lugo e en Ourense.
Santiago nas moedas
Fernando II, xa na segunda metade do século XII, é responsable de dúas das pezas máis curiosas que deixou esta época a nivel de moedas. É un tipo de diñeiro do que só se coñece un exemplar, que está no Museo das Peregrinacións. No reverso da moeda aparece unha barca co corpo do apóstolo canda a dous discípulos, e mantense a lenda S. Iacobi. Logo hai un maravedí de ouro feito en Compostela, dos que se conservan moi poucos exemplares. Isto revela a importancia que tiña e aquela a cidade e mais a ceca. Co tempo aínda se farían outras moedas nas que aparece representado o busto do apóstolo, pero que non son tan raras.
A Idade de Ouro
Con Afonso IX aparecen novas cecas no noso país (Ourense, A Coruña, e mesmo hai quen apunta a Lugo) e aparece un símbolo que identificará durante moito tempo as moedas galegas: unha vieira. A partir del as acuñacións fanse na Coruña, todas co escudo do castelo e o león en diferentes representacións, explica Urgorri. Xa con Afonso X, a marca da vieira faise completamente estándar nas moedas do país. Con estes reis estamos a falar dunha auténtica Idade de Ouro para a numismática galega. É brutal a cantidade de pezas que hai e que continúan a aparecer, con novas variantes. Aínda hai pouco nas escavacións do castelo da Rocha Forte, en Compostela, descubriuse unha variante inédita dun cruzado de Henrique II acuñada en Compostela, conclúe.
As moedas do rei portugués
Malia a que as datas varían segundo os autores, semella claro que a partir de 1216 A Coruña pasa a albergar a ceca principal de moeda do noso país, e continuaría a súa actividade nada menos que ata 1696, xa con Carlos II. Foi nesta fábrica onde acuñou as súas moedas Fernando I, pretendente portugués ao trono de Castela e León que realizou unha infrutuosa invasión do noso país, aló polo 1370. Tamén acuñou en Tui, en Quiroga, e noutro lugar, que tiña un M como marca e que se discute se está en Portugal ou en Galicia. Hai unhas moedas moi bonitas e moi raras onde se ve por un lado a Torre de Hércules, e polo outro o escudo portugués, e mantendo sempre a marca das cecas galegas, explica este investigador.
A Idade Moderna
A partir dos Reis Católicos, e ata o xa mentado Carlos II, todos os reis españois acuñaron, entre outros lugares, as súas moedas na Coruña. A produción galega é moi alta a nivel de variantes, hai unha grande cantidade e variedade de pezas, sinala Urgorri. As moedas galegas desta época, e xa desde Afonso IX reproducen, como é obvio, o modelo estándar das moedas de cada momento. Logo do feche da ceca coruñesa con Carlos II dáse un baleiro a nivel monetario en Galicia ata Fernando VII, cando aparece unha nova fábrica de moeda no noso país.
As moedas de Xuvia
Tanto Fernando VII coma Isabel II fixeron moeda en Xuvia, nas proximidades de Narón. A marca desta ceca é un J, como resultado do topónimo deturpado que se empregaba daquela, explica este numismático. Nesta época as moedas amosan por unha banda a cara do rei e pola outra diferentes combinación do escudo de leóns e castelos. Nesta ceca só se acuñan pezas de cobre. Sobre todo moedas de oito maravedís, pero tamén divisores de 4 e de 2. No reinado de Isabel II hai unha reforma monetaria, e cara a 1850 comezan a se facer no mesmo lugar décimas e céntimos de escudo. Aparecen aquí pezas aínda vivas no imaxinario popular como son as moedas de medio real, ou os céntimos de escudo. No entanto, esta produción non duraría moito tempo, e xa en 1868 finaliza a acuñación oficial de moeda en Galicia. Á parte de todas pezas, pódese falar aínda de moedas relacionadas co noso país por facer referencia ao mesmo (como as actuais de céntimos de euro, coa súa catedral de Santiago). Tamén se fixeron no noso país medallas, botóns ou as curiosas moedas locais ou privadas, que dan en por si para falar moito.
Na actualidade, son moitos os afeccionados que lle seguen a pista a este tipo de pezas. Nese marco sitúase o lanzamento da publicación especializada Omni, da que Urgorri é director adxunto e que conta cunha importante participación de galegos. A revista xorde da man do francés Cedric Lopez dun foro de Internet especializado na identificación de pezas. A idea é publicar artigos tanto de especialistas na materia como de neófitos, sempre que teñan un mínimo de calidade, sinala. Cun primeiro número saído en marzo deste ano, a publicación semestral quere facerse un referente neste campo e promete atender, entre outras pezas, as moedas galegas.