O comezo do século XIX supuxo en toda Europa un acelerado espertar dos medios de comunicación de masas e do mercado cultural. AÃnda que nunha modesta escala, a cultura galega sumouse tamén á explosión editorial da época, e nesta época xurdiron os primeiros xornais e libros modernos na nosa lingua. O encontro Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea analiza eses albores da lectura masiva en galego.
O profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, Xosé Ramón Posa, aborda esta tarde A sociedade galega dos inicios do século XIX como receptora de Información no marco deste encontro organizado polo Instituto da Lingua Galega e mais o Consello da Cultura. Naquela época, os xornais non eran exactamente como os coñecemos hoxe. “A prensa nace, basicamente, em 1808 como resposta á invasión napoleónica, e iso centra en grande medida os contidos”, explica Pousa. “Os xornais estaban dividos em dous bandos claros. Ao comezo estaban os afrancesados e os patriotas, á súa vez liberais e absolutistas”. Este último debate foi o que acabou monopolizando a prensa galega ao longo do século. “Os medios estaban posicionados, non eran medios informativos coma hoxe. Tiñan posicións ideolóxicas claras entre os que estaban a prol da ideoloxÃa liberal e os que apostaban por un réxime absolutista”. Deste xeito, os contidos estaban completamente orientados de cara á difusión do respectivo ideario. “Existe un certo contido informativo tirado en moitas ocasións de xornais estranxeiros. En moitos casos eran movementos de persoas e de tropas, a un nivel moi primario. O groso dos contidos, no entanto, son de opinión, e queren estender a causa liberal ou absolutista aos lectores”.
O galego na prensa
Segundo recoñece Pousa, “neste primeiro terzo de século, o emprego do galego nos medios galegos é puntual. Trátase dalgunha poesÃa, ou algún artigo, pero a maior parte estaba publicado en castelán”. A miúdo, os autores destas obras en galego xustificábanse na necesidade de chegar ás clases máis baixas da sociedade, totalmente galegofalante. No entanto, a escasa alfabetización da época daba en que na maior parte dos casos os lectores directos deste tipo de publicacións fosen membros da burguesÃa. Isto non implicada, no entanto, que a información quedase nesa capa social. “O lector era moi diferente ao que coñecemos hoxe”, segundo explica Pousa. “Na época hai un costume que é a lectura en común, o que lle permite a moita xente analfabeta acceder ao discurso escrito dos medios”. E é que, neste comezo do século, a oralidade posúe unha importancia fundamental na difusión da información xornalÃstica e mesmo da literatura. “Trátase dunha sociedade moi rural, na que o 90% da poboación está neste ámbito e só un 6% vive nas que hoxe son as grandes cidades”. Canda a isto, un analfabetismo próximo ao 75% e unha escolarización moi baixa, ademais dunha maiorÃa de galegofalantes, fan supor que o panorama da época non era o máis axeitado para os medios escritos en castelán. “O que acontece é que habÃa xente con estudos, por exemplo a Universidade de Santiago tiña preto de 500 estudantes. E esta xente eran lÃderes de opinión que transmitÃan estes contidos”.
A función do galego
Dentro deste panorama, os escasos contidos em galego que aparecen na época tiñan a súa función. “Son poucos pero hainos, fundamentalmente na forma da poesÃa”, lembra o profesor. “A poesÃa ten unha efectividade moi grande porque as xentes iletradas poden memorizala e recitala máis facilmente. Deste xeito, contidos que teñen unha gran forza polÃtica resúmense en catro versos”. Esta intención propagandÃstica explica tamén en boa medida o modelo de galego polo que apostaban os escritores da época, que tentaba adaptar a fala popular. “Logo hai algúns outros contidos, pero realmente o rexurdir da prensa galega non se darÃa ata o Rexurdimento xa dun xeito claro”.
A pegada dos medios
Malia ás dificultades de difusión que, a priori, tiñan estes medios, non cabe dúbida de que aqueles primeiros xornais foron un factor fundamental nas loitas polÃticas do momento. “É evidente que a prensa, asà coma a imprenta en xeral, xogou un papel moi importante na época. Todas as ideas plasmadas em papel conseguen unha influencia vital. E iso compróbase ao ver que en tempos de absolutismo o primeiro que se puña en práctica era a censura de publicacións. Neste momento as ideas chegan á sociedade a través do soporte escrito, e logo a través deses lÃderes de opinión que transmiten eses contidos de xeito oral”.
Canda ás apreciacións de Pousa sobre este tema, nas xornadas do encontro, están a se tratar cuestións coma a cultura impresa en Galicia nesta época ou os inicios do xornalismo vasco e catalán. Canda a estas, está previsto abordar cuestións coma a lingua nestes primeiros textos contemporáneos, o seu estilo, ou a literatura galega previa ao Rexurdimento. O encontro, que comezou no Consello da Cultura, desenvólvese hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago e continuará na de FiloloxÃa os dÃas 10 e 11 deste mesmo mes.