Unha produción peculiar, con 100.000 euros de orzamento, rodada en Mini-DV e cun reparto de actores descoñecidos. Este é o perfil de Pescuit Sportiv (Hooked), dirixida por Adrian Sitaru, a película rumana que se fixo coa Gran Calpurnia (18.000 euros), o galardón estrela do palmarés da XIV edición do Festival de Cine de Ourense. Un premio que pon o broche de ouro a un festival que este ano fixo un alegato da creatividade.
Xa o anunciou o director do Festival, Enrique Nicanor, ao inicio desta edición. Temos un festival adolescente, que aínda está a medrar pero que poñerá o énfase na creatividade e no talento das persoas. Parecían unhas palabras premonitorias, porque o xurado da décimocuarta edición do festival premiou as producións modestas en canto a orzamento que contan dramas persoais cun punto de vista, canto menos, diferente. E iso é a esencia de <Pescuit Sportiv (Hooked), gañadora da Calpurnia, que conta a historia de dous amantes que van de picnic e, no camiño, atropelan a unha prostituta que estaba a traballar a pleno sol. Tres protagonistas, tres puntos de vista, e unha inquedante montaxe para esta ópera prima que xa conta cuna bondoso número de premios no seu haber. Como acostuma a ser habitual, xurado e público non coincidiron no seu veredicto, e a produción surralista Absurdistan de Veit Helmer conseguiu convencer aos asistentes desta edición. O filme, que conta a repercusión que as mulleres dun pequeno lugar nas montañas entre Acerbaixán e Afganistán, cando fartas das pereza dos seus homes deciden actuar baixo o lema non hai auga, non hai sexo.
Jacqueline Pierreux, presidenta do xurado no que estaba Luís Álvarez Pousa, recitou o resto do palmarés no marco da gala de clausura da XIV edición. O premio Carlos Velo a mellor director, dotado con 4.000 euros foi para o director holandés Arno Dierickx pola súa película Brothers Bloods. O premio especial do xurado foi a parar á película O agasallo da Pachamama, do director Toshifumi Matsushita. O mellor guión (premio Cidad eda Coruña dotado con 2.000 euros) foi o da película Tri price o nespavanju (Tres historias de insomnio), escrita por Tomislac Radiv. A interpretación dunha muller cuxa relación sentimental se desmorona no marco dunhas tradicionais vacacións, serville a Birgit Minichmair o galardón a mellor actriz (e os 1.500 euros cos que está dotado o premio). Neste mesmo campo, a interpretación de Miguel de Lira na ópera prima de Pablo Iglesias Pedro e o Capitán, recibiu o premio a mellor actor galego e subiu ao escenario a recoller o seu galardón pedindo máis cine galego e en galego.
Premios en curto
Un rapaz promételle ao seu irmán xemelgo antes de morrer que acabará de construir o seu car. A promesa (Milo's Wheels) é unha historia conmovedora que tanto público como xurado premiaron cos dous galardóns que ten o festival de cine de Ourense para curtametraxes (en total, 7.000 euros entre os dous galardóns). O traballo de Rich Ostermann en Still, faise co premio a mellor director. Tom Green e Eleonor Hendricks viron premiadas as súas interepretacións en The Ground Beneath (que tamén competía en Curtocircuito, festival internacional de curtametraxes de Santiago) e Ten Thirtione.
O achegamento que a mexicana Yulene Olaizola fixo das figuras de Shakespeare e Víctor Hugo (Intimidades de Shakespeare e Víctor Hugo), fíxose cos 5.000 euros cos que está dotado o premio a mellor documental. A versión afgana do Romeo e Julieta que é Love + War in Kabul, gañou o premio á entidade e diversidade cultural, que está dotado con 2.000 euros.
Completa o palmarés Germania wurst - German histori in a bite, do director alemán Volker Schlecht, na categoría de animación e This is J03 na sección Novos media. A traxedia dun mariñeiro que perdeu a súa vida nunha noite de tormenta que narra Jorge Morais en O pintor de ceos fixose cos 5.000 euros do premios Eixo Atlántico.