Logo de que se puidese ver no Festival de Angoulême, en Viñetas desde o Atlántico, no Salón de Cangas, no de Ourense, no de Beja ou no Verbum, a mostra 10 anos de BD galega chega a Bruxelas. A capital belga acollerá desde o 1 ata o 11 de outubro esta escolma de traballos de creadores galegos de cadriños (tando debuxantes como guionistas) da última década. A presenza da mostra coincide coa celebración do Festival de Banda Deseñada da Rexión de Bruxelas e coa celebración do Ano da BD nesta cidade.