En San Sadurniño hai unha veiga, A finca da Condesa, na que hai plantadas 250 árbores froiteiras de variedades propias do paÃs. Maceiras, pereiras e mesmo cerdeiras que se cultivan de xeito artesán e que fan parte dun dos múltiples proxectos da Asociación Galega de Froita Autóctona. Unha entidade que leva dous anos traballando por recuperar especies propias do paÃs.
A diferenza está no olor, no sabor... todo o mundo sabe que a froita do paÃs é diferente e que non sempre se pode atopar nos supermercados. Algunhas desas variedades (a pera urraca, a cereixa, as mazás de rato, a reina reineta, prÃncipe, sangre de Toro....) son as que comiamos de pequenos e hoxe están completamente desaparecidas da nosa lista de compra. Foi o recordo deses sabores o que motivou ao eumés Carlos Fornos, a desenvolver un proxecto de recuperación de froita do paÃs. Pero tiña claro que non era algo que puidera facer el só, asà que promoveu a creación que agora preside, a Asociación Galega de Froita Autóctona, e que xa leva dous anos traballando.
Asociados pola froita
“Comezamos sendo 12 socios fundadores e hoxe levamos preto de cento vinte asociados” explica Carlos Fornos, que está convencido de que é un tema no que hai moita xente interesada. “A cada socio dámoslle follas dun inventario para ver que variedades ten cada un, asà imos compilando material para facer unha listaxe exhaustiva” explica Fornos, que tamén é o presidente desta entidade. A asociación busca unha dobre finalidade: dunha banda a investigación (estudo da historia, busca cientÃfica e horticultural de todas as variedades posibles de froita) e da outra a divulgación (cursos de formación, concursos, certames...). Pero isto non é incompatible con outros obxectivos como favorecer a comercialización da froita autóctona e mesmo chegar a colaborar con outras entidades semellantes constituÃdas dentro e fóra do paÃs.
E para conseguir estes fins, Carlos Fornos explica que existen diferentes actividades. Unha delas é a celebración de festas, mostras e exposicións de froitos autóctonos. A semana pasada Pontedeume acolleu a celebración dunhas xornadas de exaltación, na que se incluÃa a tradicional Festa das Peras (que se celebra cada 9 de setembro) que leva máis de corenta edicións con grande popularidade e éxito de público. Algunhas destas xornadas tamén supoñen a recuperación dos antigos mercados de froitas, como unha forma de axudar aos veciños a comercializar os excedentes.
Outro dos proxectos que desenvolve esta entidade é a creación de hortas de ensaio na que se dediquen á conservación de froita con diferentes especies de interese horticultural. “Conseguimos chegar a un acordo co concello de San Sadurniño para que nos cedese un terreo no que puideramos plantar e cultivar árbores froiteiras” explica Carlos Fornos. Polo marco dese acordo, o concello cedeulles a A finca da Condesa na que hoxe hai plantadas 250 árbores de 125 variedades diferentes. “O concello encárgase de manter limpo o chan e nós somos os responsables das arbores” apunta o presidente desta entidade que para o vindeiro ano ten previsto duplicar o número de especies. Canda esta de conservación, contan con outra na zona de Ombre que chaman de “demostración e ensaio”. Nesta veiga pretenden investigar en diferentes patróns de árbores as distintas variedades que teñen identificadas e localidades. Un traballo que desenvolveron en colaboración con técnicos da Xunta, que conta en Mabegondo co Centro de Investigacións Agrarias no que se desenvolve un proxecto de investigación, en colaboración coa Universidade de Santiago, de variedades propias de maceiras e pereiras.
Canda estas actividades, a entidade tamén dirixiu o foco de acción cara os centros educativos. “ParecÃanos destacado que os rapaces coñeceran as nosas froitas autóctonas, o importante que son e, sobre todo, que descubriran os seus sabores” explica Fornos. Foi asà como contactaron co colexio de Andrade, no que desenvolveron un proxecto que abranguÃa desde a celebración da festa da froita ata a organización de grupos que se encargaban de plantacións (sementar, cultivar e recolleitar árbores) que foi moi ben acollido polos escolares. Un proxecto piloto que poderÃa ser exportable a outros centros educativos.
“Nós temos moi poucos anos de vida e resulta difÃcil darnos a coñecer, por iso, abrimos unha páxina web na que estamos a disposición do público para que poida consultar e achegar ideas” explica o seu presidente.