A parroquia de Sedes, en Narón, convértese durante esta semana na capital do land-art en Galicia. O complexo Aldea Nova acolle estes dÃas o traballo dun feixe de artistas que aproveitan a paisaxe e os materiais da natureza para desenvolver a súa creatividade. Achegámonos ao II Encontro Internacional Manuela Pérez Sequeiro da man do seu comisario, LuÃs Rapela.
O Encontro Internacional de Land Art que se celebra esta semana en Sedes, Narón, recibe o seu nome da concelleira de Cultura deste municipio, falecida recentemente. É o segundo ano que a localidade acolle un encontro deste tipo, no que se pode ver o propio proceso de creación das obras. Estas fican a posteriori no complexo recreativo de Aldea Nova. “Cando coñecÃn Aldea Nova decateime de que era un lugar idóneo para facer un encontro deste tipo”, explica Rapela, el mesmo creador neste campo. “Eu participara xa en diferentes encontros deste tipo, e vin que o sitio era estupendo. Tampouco é que fagan falla condicións especiais, alén de que o lugar estea vencellado á natureza. En Aldea Nova ademais mestúrase isto coa presenza da aldea e mais co traballo a prol das novas enerxÃas”.
Arte na natureza
“O land-art é a relación do home coa terra. É a resposta máis natural e mais humana do home con respecto das cousas que o rodean. Traballar cos medios da propia natureza, con todo o respecto, tentando elevala á categorÃa da arte”, explica Rapela. Malia a que esta variedade xa tivo épocas con maior recoñecemento, mantén aÃnda un certo grupo de seguidores. “Naceu como tendencia nos anos sesenta, despois deixouse ata certo punto, pero aÃnda hai xente que o traballamos”, lembra. Boa parte do interese destes proxectos é as posibilidades que teñen para achegarse ao público en espazos non especializados en arte. “Non é unha arte para as galerÃas e os museos. Se por unha banda isto é un handicap pola outra tamén é intersante porque permite saÃr dese circuÃto”.
Arte en Aldea Nova
Da experiencia da primeira edición quedaron Aldea Nova traballos coma o reloxo de area feito con lousas que desenvolveu Uri. Ou o piano de aire de AgustÃn RuÃz de Almodóvar, pendurando cordas e madeiras. O propio Rapela fixo un marco que limita unha vista do val. Heitor Figueirido aproveitou o barro local para facerlle unha homenaxe ao sol. En total, foron dez obras que se crearon, ao igual ca este ano, ao longo dunha semana. “Penso que saÃron resultados moi interesantes e moi integrados á natureza”, explica o comisario. “Son traballos moi ricos que se conservan e se poden visitar”. Para este ano, Rapela salienta o proxecto de homenaxe a auga que fará unha parella dos artistas que se achegan. “Non sei ben o que van facer, pero paréceme moi interesante”. Eduardo Hermida, de Ferrol, quere desenvolver unha escultura relacionada cos puntos cardinais. Da mesma localidade achégase tamén RocÃo Brage . Desde Inglaterra chega Sergei Furst que debuxaba no xornal Times. Francesca Ori de Sicilia, Fernando Sánchez-Algora, Lina Cofán Feijoo e AgustÃn RuÃz de Almodóvar, que repite, completan os nomes desta edición. Ademais, “imos construÃr un forno ao aire libre para cocer cerámica con leña”. Os interesados en ver como crea toda esta xente poden achegarse entre as 9 da mañá e as 8 da noite ata este sábado.
Arte na terra
A nivel galego, Rapela recoñece como referencia a experiencia que hai uns anos se desenvolveu no Pazo de Mariñán. “Conseguiu uns resultados moi interesantes. Ata certo punto é semellante ao que facemos nós agora”. De feito varios dos artistas que se achegaran a aquela proposta participan tamén neste novo encontro. “Potencial hai de abondo no paÃs. O que non se ve moito é interese das institucións, que consideren que isto é importante ou necesario”. A ese respecto, o comisario destaca os bos resultados que se obteñen deste tipo de encontros fronte a un investimento mÃnimo. “A verdade é que isto faise cuns recursos mÃnimos, faise de xeito desinteresado e conséguense un resultados estupendos, a nÃvel tamén de relacións internacionais entre artistas. Penso que é para que Narón se sinta orgulloso de ter un encontro deste tipo, sendo un concello pequeno”.

Foto: Aldea Nova
Yukiko Kitahara
Foto: Aldea Nova
Valerie Buffetaud
Foto: Aldea Nova
AgustÃn Ruiz Almodóvar
Foto: Aldea Nova
Foto: Aldea Nova