O Salón de Cangas ten xa cartel e convidados para a súa XIII Edición. Un cartel de Manel Fontdevila abre o evento, que se desenvolverá entre o 20 e o 26 de xullo. Esta edición conta coma convidados con exposición co galego Alberto Guitián, Diego Olmos, que debuxa Batman para DC Cómics, Gabor, que publicou Greenworld en Soleil e mais Montse MartÃn, debuxante de Talismán para Glènat. Canda a eles, acudirán ao evento Manel Fontdevila e Horacio Altuna. Tamén se poderá ver no auditorio municipal unha mostra cos traballos gañadores no certame de BD.