Non é exclusivamente un proxecto fotográfico, é unha viaxe á cultura, costumes e formas de vida do noso paÃs. Por iso, alén do apartado expositivo existe un meticuloso proceso de documentación e investigación. En total case catro anos de traballo que desenvolveron tanto Patrick Lenaghan como Miguel Anxo Seixas Seoane que serviron para documentar a situación do noso paÃs nesa década a partir do inmenso legado deixado por Ruth Matilde Anderson, unha das máximas exponentes do documentalismo social da fotografÃa.
O material fotográfico
Ruth Matilde Anderson fixo dúas viaxes a Galicia entre 1924 e 1926. A primera delas co seu pai, o fotógrafo sueco Alfred Anderson e, despois, canda Frances Spalding, outra empregada da Hispanic Society of American (HSA). Desas dúas estadÃas a fotógrafa tirou preto de 5.000 imaxes en diferentes soportes e formatos. De todo ese material só se coñecÃa unhas cincocentas, as que fan parte do libro Gallegan Provinces of Spain: Pontevedra and La Coruña, que editou a HSA en 1939. Agora, na exposición que abre hoxe as súas portas en Lugo poderanse ver 164 mostras, a maior parte delas inéditas. Pero non é maÃs que un aperitivo, porque o plato forte chegará a mediados de outubro cando se poidan apreciar a maior parte dese material inédito. A fundación Caixa Galicia prepara para entón unha segunda exposición, moito máis ambiciosa na que se poderá apreciar máis material inédito da autora. Dela e das fondas raÃces que deixou a súa viaxe polo noso paÃs. Como exemplo, a segunda exposición exhibirá a corresondencia que a fotógrafa mantivo con Castelao. Unha mostra que ten carácter itinerante e xirará por toda Galicia.
Que Galicia atopou Anderson
Alén do valor fotográfico en si mesmo, a exposición serve como unha fonte de información da Galicia dos anos vinte. Por iso, os seus comisarios centraron a exposición en cinco apartados, que serven dunha radiografÃa bastante exacta da Galicia no momento. A relixión é un deses apartados que pretende documentar o amplo poder que a igrexa exerceu en Galicia, ata tal punto que condicionou a organización básica de población, asentada en parroquias, con santos avogosos aos que render culto. Ademais da influencia do ciclo litúrxico anual no devir cotiá dos habitantes.
Outro dos apartados nos que se organiza a mostra é o que fai referencia ao Agro. Os labregos, os caseiros, os xornaleiros e os propietarios son os catro grupos sociais que se documentan na Galicia rural e que Anderson soubo retratar como ninguén coa súa cámara. “Nos anos vinte, explican os comisarios na nota de prensa, entre un 60 e un 70% das terras eran explotadas en réxime foral, un contrato de longa duración polo que un señor ou institución cedÃa a outro o uso da terra a cambio dunha renda”. E ese sistema agrario estaba moi relacionado co gando, outros dos subapartados desta exposición. En Galicia pasouse de 1.300.000 cabezas de cando a 3.500.000 no ano 1933. Predominaba o vacún, seguido do porcino, ovellas e cabras. Galicia era a principal produtora de carne para o mercado interior español, un feito que tiña un efecto secundario, unha gran cantidade de feiras e mercados. Este é o cuarto bloque temático desta mostra, que alén das de contido vacún, existÃan outras feiras de pequeño formato á que acudÃan agricultores e artesáns a vender e mercar os seus produtos necesarios para a vida diaria. A exposición remata con traballos e oficios que recolle as diferentes profesiósn que habÃa na Galicia da época.
A Hispanic Society of America
Foi un libro de George Borrow o que levou a Archer Milton Huntignton (1870-1955) a interesarse pola cultura hispánica. Viaxou por España en 1898 e, a partires de aÃ, decidiou crear en 1904, a Hispanic Society of America, unha entidade que tiña un único obxectivo: a documentación da riqueza e diversidade cultural do mundo hispano a través de imaxes, libros, gravados e obras de arte. Foi no marco das investigacións desta entidade como Ruth Matilde Anderson descubriu Galicia co visor da súa cámara. Agora, oitenta anos despois, esta exposición permite recuperar os negativos, follas de contacto e positivos desa viaxe.
Carrexando laranxas para o mercado. Lugo, 19-23 de xaneiro de 1925. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
Unha escolma dos fondos da exposición
Mercado, vendedoras de castañas. A Coruña, 8 de decembro de 1925. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
O val. A Proba de Burón (Lugo), 21 de maio de 1925. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
Unha vista da vila. Betanzos (A Coruña), 21 de xaneiro de 1926, a mediodÃa. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
Feira. Porco nun carro. Betanzos (A Coruña), 16 de xaneiro de 1926. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
RMA fotografando un mercado de produtos oleiros na parte exterior da muralla de Lugo. Lugo, 19 de xaneiro de 1925. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.
Vista do Cantón desde o Hotel Palace. A Coruña, 8-24 de decembro de 1925. Arquivo Hispanic Society. Arquivo Hispanic Society. Cedidas por Caixa Galicia.