Non son exclusivamente pallasos, nin malabaristas, nin funambulistasÂ… senón que tamén teñen algo de actores, de músicos e de bailarÃns. Son os artistas do novo circo. Ou non tan novo porque leva dez anos en marcha. Os inicios e a evolución dese traballo sintetizouse nun espectáculo que tivo lugar esta fin de semana na Sala Nasa. A décima festa do circo será tamén a última e fai balance do que deu de si esta pequena revolución.
O Circabaret, o Circo Rumano, o Freak Show, o Circo Global, o Hincrible Circo Favuloso, o Circo TV e o Circo Mafia son os espectáculos que protagonizaron cada unha das edicións da festa do circo que se desenvolveron cada ano en Compostela. Pero todas e cada un desas montaxes tamén serviron para dar un pasiño cara adiante nisto do novo circo no noso paÃs. Todas elas puideron verse esta fin de semana na Sala Nasa, na X Festa do Circo. Unha celebración que foi, sobre todo, un punto de encontro.
As orixes
Foi nos anos setenta cando comezou a nacer o que logo se bautizarÃa como Novo circo. Unha tendencia que pretendÃa modernizar o circo tradicional, que estaba a dar mostras de fraqueza, introducindo propostas máis teatrais e fusionando con outras artes escénicas como a danza ou a música. Pero todos eses aires de renovación chegaron a Galicia un pouco máis tarde, a mediados dos noventa, cando un grupo de artistas que gustaban do circo comezaron a experimentar cos xéneros e a buscar novos camiños. Neses inicios, tan afeccionados e tan experimentais, un grupo de amigos decidiron unirse para actuar, principalmente diante dos amigos e da familia. Foi na Casa Encantada (hoxe reconvertida nun bloque de vivendas) e asà foi como naceu a Primeira Festa do Circo. Antón Coucheiro foi un deles e lembra cando se deu o salto á Sala Nasa “nese segundo ano xa se fixo maior e o público xa non estaba compostos só por amigos e foi cando tivemos a oportunidade de actuar por primeira vez nun escenario de verdade”. Borja Fernández, outro dos que formaron parte deste movemento desde as súas orixes, recoñece que “para nós foi moi importante esa apertura de portas, por todo o seu servizo técnicos e humano, e moito lle debemos”. Asà foi medrando pouco a pouco esta especie de punto de encontro que pasou de celebrarse un dÃa a dous, ata chegar aos tres dÃas que acolleu este ano (de xoves a sábado). O seu voluntarismo foi determinante para que o evento non caese no esquecemento. “Todo o mundo fai moitos esforzos, aÃnda que se atopen lonxe de Galicia para vir eses dÃas a Santiago e formar parte da festa” explica Coucheiro.
Pero o encontro non só medrou no tempo, senón tamén no espazo, porque cada dÃa son máis os actores que se dedican a compoñer espectáculos. Para Antón Coucheiro houbo un feito determinante en toda esta traxectoria, que foi que moitos dos artistas que fan parte deste movemento renovador do circo tiveron, máis pronto que tarde, que saÃr de Galicia para formarse. Londres, Bos Aires, Francia... foron moitos os destinos de moitos dos nosos artistas. Para Coucheiro “esas viaxes foron fundamentais porque aquà non existÃa nada ao respecto, habÃa algún curso de clown pero nada máis”. Moitos deles son os que agora comezan a dar cursos de formación en disciplinas do novo circo en Galicia, abrindo asà unha renovación xeneracional. Precisamente xente como Antón Coucheiro ou Borja Fernández son partidarios de que sexan esas novas xeracións as que deben tomar o seu testemuño, e organizar “outra festa do circo, ou un encontro semellante”.
De momento, o apoio ao novo circo non chega só desde abaixo, é dicir, desde o propio sector, senón que a Administración tamén se volcou en darlle aparataxe a todas estas novas corrente. Os froitos dese esforzo liderado desde o Centro Dramático Galego (con Cristina DomÃnguez como directora e principal impulsora) concretáronse este ano. Foi o pasado mes de abril cando se anunciou que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) se integraba dentro da rede internacional Novos Talentos de Circo Europa. Unha plataforma que pretende a difusión de arte circense con presentacións asà como mellorar a formación de mobilidades dos artistas destas disciplinas.
Os fillos da festa
O encontro de artistas con intereses comúns no ámbito do circo acabou parindo varios proxectos. Un deles foi o Festival d´Gorra, que xurdiu no 2004 en Compostela para achegar ao público as artes do Novo Circo ao tempo que reivindica o espectáculo a pé de rúa e o financiamento mediante o pase de gorra. “Foi un punto de inflexión importante para nós, porque supuxo unha maior visibilidade para o noso traballo” explica Coucheiro. O encontro foi perdendo fol co tempo e o ano pasado perdeu peso en prol do Festival dos Abrazos. Antón Coucheiro afirma que nesta edición non se vai celebrar, porque non ten apoios suficientes e porque necesitaba unha maior implicación institucional.
Pero non foi o único proxecto, Coucheiro, xunto con Natalia Outeiro (Pajarito) Borja Fernández, Pablo Reboleiro, Alfonso Medina, Manuel Lago, e Xabier GarcÃa montaron Pista Catro, un colectivo autoxestionado de artistas que traballan na introdución e afianzamento do novo circo e o cabaré en Galiza, promovendo eventos, producindo espectáculos e traballando na formación dunha nova xeración de artistas. O circo.. pide pista.