Hai máis de tres anos anunciouse a chegada da Televisión Dixital Terrestre como a gran revolución televisiva. Mesmo chegou a dicirse que a revolución era só comparable co paso do branco e negro a cor. A menos dun ano de producirse o apagón analóxico, a TDT segue a ser unha gran descoñecida. Achegamos un manual para os galegos que aínda non se manexan neste proceloso mundo.
¿Que é a TDT?
A Televisión Dixital Terrestre non é máis que un cambio tecnolóxico aplicado ao sinal de televisión que se transmite por ondas terrestres, aquelas que van pola atmosfera e que se reciben por medio de antenas convencionais.
As vantaxes desta nova tecnoloxía, con respecto á analóxica, é que permite recibir máis canles, con mellor calidade de imaxe e máis servizos.
¿Que se necesita para recibira TDT?
Para pasarse ao novo sistema precisamos tres cousas:
1.- Ter cobertura dixital.
2.- Adaptar a antena: ben sexa individual ou colectiva a cargo dun instalador de telecomunicacións autorizado. No fondo, as modificacións consistirán na instalación duns módulos amplificadores de sinal para as frecuenica da TDT.
3.- Ter un aparato receptor de TDT.
¿Cando será efectivo o apagón analóxico?
O 3 de abril de 2010 é a data de cesamento de todas as emisión analóxicas. Pero ata esa data, a transición desenvólvese en tres fases: 30 de xuño, 31 de decembro e 3 de abril. Agora ben, esas datas están suxeitas ao cumprimento de cobertura que estableceu o Executivo: 98% da poboación para as cadeas públicas e o 96% para as privadas (tal e como figura no Real Decreto 944/2005 de 29 de xullo).
Ese foi o motivo polo que a demarcación de Santiago de Compostela (a área abrangue a 40 concellos) que tiña previsto o cese das emisións analóxicas o vindeiro 1 de xuño se adíe. Desde o gabinete de prensa do Ministerio de Industria explica que a nova data da transición a dixital depende de que a cobertura dixital sexa alomenos igual á cobertura preexistente analóxica e que o nivel de acceso da poboación ás canles se considere suficiente.
Se unha das vantaxes é que se poden ver máis canles ¿qué podo ver?
Televisión Española
TVE1: La Primera, pero en analóxico
TVE2: La 2 de RTVE, pero en analóxico
CLAN TV: Canle temática para nenos
TELEDEPORTE: Canle temática de eventos deportivos.
CANAL 24 HORAS: Canle temática que emite novas e programas de actualidade,
Antena 3
ANTENA 3: A canle xeneralista
ANTENA NEOX: Canle temática para público novo (series infantís, xuvenís e programas de entretemento emitidos pola cadea)
ANTENA NOVA: Canle temática que inclúe espazos de saúde, calidade de vida, cocia ou viaxes, telenovelas e cinema.
Telecinco
TELECINCO: Canle xeneralista
LA SIETE: Canle temática para informativos, realities, boletíns deportivos e competicións de primeiro nivel.
FDF TELECINCO: Canle temática dedicado a programas de ficción e series de éxito
CINCO SHOP: Canle comercial de televenta
Sogecable
CUATRO: Canle xeralista
CNN+: Canle temática de actualidade informativa.
40 LATINO: Canle temática de programación musical latina
CANAL PROMO: Canle comercial de televenta
La Sexta
LA SEXTA: Canle xeneralista
HOGAR 10: Canle temática con telenovelas, telecomedias, concursos, formatos de entretemento, humor, lecer, gastronomía, saúde, bricolaxe, beleza, economía, ou decoración.
Net TV
INTERECONOMÍA TV: Canle xeneralista
DISNEY CHANNEL: Canle temática dedicada á programación infantil.
Veo
VEO TV: Canle xeralista de información e divulgación
SET en VEO: Series e cinema.
TENDA en VEO: Canle comercial de televenta
Televisión de Galicia
A galega: canle xeneralista
G2: programación infantil, xuvenil e cultural.
El Correo Gallego
Correo TV: canle xeneralista (Canal 23 Santiago e comarca; canal 27 Barbanza e Salnés)
A programación incrementarase nos vindeiros meses cando se produca a incorporación das televisión locais, que aínda están en pleno proceso de conversión ao novo sistema. Tampouco teñen unha previsión de inicio das emisións desde Voz Audiovisual, que xunto con Popular-TV conseguiron as licenzas de canle autonómica.
¿Que é a TDT de pagamento?
Nos últimos meses diferentes medios de comunicación están a falar da Televisión de pagamento. ¿Por que?. Desde o 8 de abril deste ano, os diferentes operadores poden solicitar ao Ministerio de Industria a modificación das súas concesións de televisión para poder prestar o servizo de TDT de Pago (contidos polos que se pagan). Pero isto é só un paso previo, xa que para aprobar a TDT de Pago cómpre un informe previo preceptivo do Consello de Estado e a súa posterior aprobación polo Consello de Ministros. A día de hoxe, aínda non se aprobou a autorización de servizos de pagamento, é dicir a TDT de pago.
Cando se aprobe, implicará tamén un receptor de TDT diferente do que temos a día de hoxe, para poder recibir os contidos de pagamento.
Onde podo preguntar máis información
A Xunta de Galicia ten habilitada unha oficina técnica de implantación da TDT. Segundo comunican desde o gabinete de prensa da Secretaría Xeral de Medios, estes días están mudando de instalacións, pero en breve atenderán as dúbidas e suxestións.
Polo demais, o Ministerio de Industria ten habilitado un número de información xeral ao que tanto operadores de telecomunicacións, televisións e usuarios poden facer as súas consultas.