Despois de varias edicións como un evento de carácter internacional, a Bienal Laxeiro pecha as súas portas aos estranxeiros para dedicarse a fomentar a creación galega. Non é un punto de inflexión senón unha volta aos inicios, cando Laxeiro acudía ao encontro que se celebra na súa localidade natal e onde amosaba unha clara vontade por axudar aos novos. Lalín volve ser a capital da arte dunha bienal que este ano se presenta diferente.
As cifras xa dan claros indicadores da diferencia. No ano 2007 houbo 32 artistas, no 2005 foron 29 e neste ano son 19 Pero hai outra, cada edición facíase unha convocatoria pública de carácter internacional, mentres que este ano foi unha elección feita por un comisario. O encargado de establecer o seu criterio, a súa filosofía de traballo e a súa sensibilidade é Daniel Fernández Rey quen afirma un día estaba na miña casa cando me chamou o alcalde de Lalín, ao que non coñecía personalmente, para pedirme que falaramos do tema. E así foi como aceptou o encargo de darlle forma e corpo á novena bienal. Tiña un ano de prazo para definir o proxecto, pero tardei moi pouco tempo en ter claro o que quería asegura Fernández, que xa ten experiencia neste tipo de acontecementos. Foi un dos impulsores da Galería Trinta hai máis de vinte anos, un dos artífices da recuperación do Casino de Santiago, o que fixo a primeira exposición de Leopoldo Nóvoa en Galicia ou a primeira retrospectiva sobre Virxilio. Experiencia non lle falta, aínda que non é moi amigo nin dos flashes, nin de conceder entrevistas. A min o que me gusta é a arte e promover aos nosos artistas asegura. E iso é o que fixo en Lalín.
Bienal feita na casa
Con grandes limitacións económicas, moi pouca implicación por parte dos empresarios da zona, a bienal Laxeiro volveu ás súas orixes. É igual que nas primeira, cando Laxeiro estaba vivo, porque el o que queria era apoiar a novos creadores, que estaban a dicir algo apunta Daniel Fernández. E con esa filosofía de traballo comezou a falar con artistas consagrados, con xente do mundo da arte (galeristas, comisarios...) e cos novos talentos que comezan a agromar. Foi así como foi concibindo os 19 creadores que colgan desde o sábado no museo de Lalín. Belén Pazos, Miguel Calvo, Basilia Fiestra, Marcos Juncal, Helena Rivera, Manolo Ruibal xunto con nomes como o lalinense Antón Lamazares ou o coruñés Luís Caruncho. O comisario foi o encargado de seleccionar a obra de cada artista. Houbo artistas que me abriron as obras dos seus obradoiros para que escollese o que quixera asegura Fernández. En total, son 27 pezas de creadores cen por cen galegos.
Outra das diferencias desta edición da Bienal é que o concello merca unha obra. Para iso, constituíuse un xurado presidido por Fernando Ónega que deu a coñecer o seu veredicto na inauguración da mostra. Trátase de Descomposición numérica del comienzo de un planeta, de Marcos Juncal, a mesma peza que preside a exposición. É un artista que dará moito que falar asegura o comisario da Bienal, que foi o primeiro en mercar unha obra de Álvaro Negro (artista local hoxe moi reputado nos circuítos da arte). No fondo, para Daniel Fernández resulta especialmente significativo esta implicación do concello por mercar obra. Aos poucos pódese facer unha interesante colección de arte que, ademais de dar de comer aos novos valores, pode desenvolver un papel fundamental na dinamización cultural asegura.
A exposición pódese ver no Museo Municipal de Lalín que está situado no que foi o primeiro observatorio de Galicia, propiedade do astrónomo Ramón María Aller. Un feito especialmente curioso xa que o comisario desta mostra foi alumno do astrónomo lalinense na súa etapa universitaria.