Por nada de Dani de la Torre e O pintor de ceos de Jorge Morais son os gañadores da VI edición do Festival de Cans. O xurado valorou a cinta de Dani de la Torre “por ser unha peza na que todos os elementos dunha curtametraxe están equilibrados”. No caso de O pintor de ceos, o xurado destacou “cada plano está traballado ao lÃmite”. No caso deste traballo, intégrase no catálogo de Curtas09 que edita o Consorcio Audiovisual Galego. Os actores de Uruguay 2030, Henar Jiménz e Edga Blanco recibiron os premios pola súa interpretación. No caso do masculino, o galardón foi compartido con Vicente de Sousa por Queres ser director de cine?.