Acompañada por Guillermo Fernández e UxÃa, Guadi Galego presentou hoxe o seu novo disco Benzón (Músicas de Salitre, 2009) en Compostela, nun acto que congregou a numerosos informadores e a outros músicos que participan no disco. De feito son vinte e cinco os colaboradores para os trece temas de Benzón, xa que Guadi encargou arranxos, letras e músicas numerosos compañeiros da escena musical actual entre os que están Fran Pérez “Narf”, Xavier DÃaz, Abe Rábade, Quim Fariña, Xacobe MartÃnez Antelo, o grupo LeilÃa, Germán DÃaz e outros moitos. Grazas a todas estas achegas presenta unha ampla variedade de estilos entre o tradicional, o pop e o jazz, nun percorrido cuxa unidade pasa pola voz da propia Guadi nun “discurso musical, que transcorre sen sobresaltos pasando por distintos tons, climas e ambientes” en palabras de Guillermo Fernández e que constitúe un dos principais atractivos do disco. Esta gran cantidade de achegas e a imposibilidade práctica de xuntalos nun escenario fan que Guadi Galego afirme que este disco non vai ser levado ao directo, deixándoo nun “disco moi conceptual” e con vocación universal que se ilustra cunhas fotografÃas de ceos de Galicia -unha por canción- obra de Karlos Abal, que expresan esa vocación xa que “como a música, os ceos non teñen fronteiras”, expresou Guadi . O disco xa está á venda desde hoxe distribuÃdo pola Lonxa Cultural.