Xa está dispoñible no web de FICOMIC o mapa de expositores do XXVII Saló del Còmic de Barcelona, que conta con Galicia como comunidade convidada. Segundo esta listaxe e o mapa correspondente, os nosos cadriños contarán con catro postos no recinto da Fira de Barcelona entre o 29 de maio e o 1 de xuño. O maior de todos, sen dúbida ningunha, é o posto promocional xestionado desde a ConsellarÃa de Cultura, co número 124, que se sitúa no mesmo espazo no que estivo o de Baleares, comunidade convidada na anterior edición. Fronte a este, Galicia ten reservados catro postos de venda (números 86 a 89) nos que se poderán adquirir obras de autores galegos. Alén da presenza institucional, no Saló atoparemos tamén un posto de El Patito Editorial (o 131). Pola súa banda, na zona de Fanzines estará o proxecto Galauda, centrado no ensino do galego en institutos de secundaria catalás.NO seo desta iniciativa presentarase o primeiro número de O catalizador un fanzine realizado por galegos de barcelona e mais por cataláns que estudan galego nesta institución. O mesmo posto contará coa presenza do Centro Galego de Barcelona.
Ao tempo, e segundo adianta La Voz de Galicia, o posto promocional contará con dúas mostras promocionais centradas en autores do noso paÃs. Por unha banda, Miña terra galega achegará a visión que teñen sobre tópicos do noso paÃs autores coma Diego Blanco, Manel Cráneo, José Domingo, Alberto Guitián ou Emma RÃos. Pola outra, Viñetas descubertas amosará traballos dos autores que gañaron nos últimos anos os premios GZ Crea e Castelao. Agárdase que responsables do departamento de Cultura visiten o evento.