Foi ao pouco de morrer Ramón Piñeiro cando Carlos Casares tivo a idea de reconstruír unha das iconas da cultura galega: o espazo físico no que situaba a mesa de braseiro de Ramón Piñeiro. Ese lugar estratexicamente situado (Xelmírez, 15- Santiago) foi o punto de conexión de todas aquelas persoas que alimentaron o galeguismo. Á morte de Casares foron Henrique Monteagudo e María Dolores Cabrega os que continuaron no empeño. E non foi doado.
Os libros, as gafas, a máquina de escribir, o seu bolígrafo e, por suposto, a súa mesa de braseiro. Os obxectos de Ramón Piñeiro volven lucir no seu gabinete, tal e como el os estaba a empregar. Só un pequeno detalle, non será no cuarto andar da Rúa Xelmírez (número 15) senón en Vigo, no espazo físico da Fundación Penzol (Casa Galega da Cultura). Polo demais, todo igual: os cartafoles, os libros amoreados e coroados por unha edición d´A saudade portuguesa de Carolina Michaëlis, unha revista que anuncia en portada un dosier sobre o filólogo luso Manuel Rodriguez Lapa, os seus lentes e todos eles son orixinais, ou o que é o mesmo, os de Ramón Piñeiro.
O proceso
O traslado físico do gabinete de Ramón Piñeiro de Santiago a Vigo comezou hai uns cinco anos. Foi o Consello da Cultura Galega, entidade colaboradora nese proceso, quen asumiu o traslado das pertenzas do galeguista. Puidose levar todo menos a estantería, e foi cando Blanca Jiménez, presidenta da Fundación Penzol, decidiu pagar ela unha réplica exacta no novo espazo asegura Henrique Monteagudo, un dos encargados dese proceso. O novo emprazamento de todo ese material era a sede da Fundación Penzol, a Casa Galega da Cultura, que durante a remodelación física do espazo decidiu reservar un oco para albergar o gabinete de Piñeiro. O traslado fíxose despois de que a familia de Ramón Piñeiro doara á Fundación Penzol o legado do galeguista. Sabiamos que eran bastantes libros pero, cando chegamos alí e nos puxemos a empaquetar, démonos conta que en cada andel había outra ringleira de libros por detrás, o que duplicaba as nosas previsións iniciais afirma Anxos Sumai, que participou no proceso de empaquetado do material.
Nos andeis do gabinete que se recrea a Fundación Penzol só figuran uns 300 exemplares orixinais dos aproximadamente cinco mil libros que configuraban a biblioteca de Piñeiro, hoxe en proceso de catalogación. "É unha colección moi persoal e chea de maxia, con libros dedicados, primeiras edicións de clásicos galegos e obras importantes do pensamento occidental" puntualiza Monteagudo.
Moito máis que unha recreación
A finalidade non era recrear só o gabinete de Piñeiro, cunha chiscadela simbólica á famosa mesa de braseiro, senón desenvolver un proxecto de musealización que fóra máis alá de reconstruír o espazo físico, achegando o ambiente no que se moveu Ramón Piñeiro asegura Henrique Monteagudo. Por iso, nese proceso, buscouse unha escenografía que achegar ao máis posible o ambiente da época. A través dos visos pódese ver a Rúa Nova, aínda que sexa en Vigo. Isto é posible grazas ao traballo feito por Rodrigo Roel, Merlín Comunicación e a empresa Desoños. Para nós, apunta Henrique Monteagudo, era tan importante a minuciosidade e a exhaustividade coa que se procedía a recrear o espazo físico, como evocar o ambiente da época. E foi tal o empeño que puxeron tanto o propio Monteagudo como María Dolores Cabrera e Xosé Ramón Soutullo, que os asistentes á inauguración do novo espazo da Penzol, os mesmos que se sentaron ao redor daquela mesa de braseiro, os que destacaban o seu realismo. Alén disto, o gabinete pretende ser un espazo didáctico, sobre Ramón Piñeiro e sobre os difíciles anos do galeguismo. Por iso, canda a recreación física, a Casa Galega da Cultura exhibirá documentación sobre o galeguista, un documental (pendente de estrea pola Televisión de Galicia) e diferentes obxectos persoais para escolares, visitantes e interesados en xeral pola historia recente da cultura galega.