Anxo Manuel Lorenzo, profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo é o novo secretario xeral de Política Lingüística. Lorenzo desenvolveu diferentes traballos no campo da sociolingüística e coordinou a mostra As nosas palabras, os nosos mundos en 2008. O Consello da Xunta aprobaba esta mañá o seu nomeamento, canda ao de Francisco López Rodríguez coma novo director xeral de Promoción e Difusión da Cultura. Rodríguez, máis coñecido coma Paco López Barxas, desenvolveu unha intensa carreira xornalística en medios coma a TVG ou Xornal Diario e é autor de libros coma O ladrón de paxaros. Finalmente tamén se nomeou esta mañá a Fernando Garrido coma novo presidente do padroado do Parque Nacional Marítimo-Terrestre da Illas Atlánticas.
** Currículo dos novos cargos. Tirado do web da Xunta***
SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Anxo M. Lorenzo Suárez
Nacido en Vigo en 1964, é licenciado en Filoloxía Hispánica e doutro en Filoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona. É profesor do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo desde 1992, onde é profesor titular de universidade deste 2000.
No ámbito da política lingüística, foi durante cinco anos (2001-2006) director do servizo lingüístico da Universidade de Vigo, e participou na elaboración do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega como secretario da comisión número 2 (ensino, mocidade, familia e formación de adultos).
Impartiu conferencias e seminarios en universidades de Arxentina, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Gran Bretaña, e Alemaña.
As súas liñas de investigación son a sociolingüística da lingua galega, a planificación e política lingüística e o contacto lingüístico galego- castelán, aspectos sobre os que ten diversas publicacións, entre as que se atopan as seguintes: Planificación lingüística de baixa intensidade: o caso galego, da revista Cadernos de Lingua, 27, 2005; A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), Santiago de Compostela, Sección de Lingua do Consello de Cultura Galega, 2005 (coautor); A planificación lingüística nos centros educativos, Santiago de Compostela, Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2007, (coautor); A situación sociolingüística do galego: unha lectura, revista Grial, 179; Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 2009 (coautor); e New approaches to discourse and business communication, Londres, Palgrave, (coeditor).
Membro do consello asesor da Revista Galega de Filoloxía da Universidade da Coruña; cofundador e coeditor da revista Estudios de Sociolingüística da Universidade de Vigo (2000-2003); coordinador da Sección de Lingua e Sociedade e membro do Consello Consultivo da Fundación Carlos Casares (desde 2003); membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (1998-2003); membro da Sección de Lingua do Consello da Cultura Galega (2004-2007); director do departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo (desde 2006); director do Observatorio de Sociolingüística da Universidade de Vigo; e coordinador da exposición As nosas palabras, os nosos mundos, elaborada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, 2008-2009.
DIRECTOR XERAL DE PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA
Francisco López Rodríguez
Naceu en Ponte Barxas (Ourense) o 24 de abril de 1952. É licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid.
Crítico Literario na prensa nacional e revistas literarias desde o ano 1983. Redactor xefe da revista Argumentos (1984-85). Profesor de Lingua e Literatura no colexio Logos, As Rozas (Madrid) (1987-89) Membro do Consello Reitor da Universidade Antonio Nebrija (1989). Redactor xefe do canle de televisión Yurital News, Madrid (1989-91). Director do Xornal Diario, Pontevedra (1991-92). Editor do informativo Bos Días da TVG, Santiago (2000-2003). Redactor xefe de informativos da TVG, Santiago (2003-2005)
Impartiu cursos como profesor convidado en distintas universidades:
-Universidade Internacional Menéndez Pelayo
-Universidade Complutense de Madrid
-Universidade da Coruña
Publicou máis dunha ducia de libros entre os que se están: En torno a Antonio Machado¸ Gijón, 1.988; Antología de la Poesía Gallega, Madrid, 1.991; Eugenio Granell. O surrealismo felizmente vivo, Vigo, 1.999; O ladrón de paxaros, A Coruña, 2.006
Obtivo diferentes premios literarios e colabora en numerosas revistas e xornais.
PRESIDENTE DO PADROADO DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
Fernando Garrido Valenzuela
Naceu en 1949 e é enxeñeiro agrónomo pola Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Agrónomos da Universidade Politécnica de Madrid.
Traballou en diversas empresas privadas: foi director da granxa La Moa (Pontevedra) foi director técnico de Explotacións Pecuarias de Porriño e foi director da Fábrica de Pensos de Explotacións Pecuarias S.A., de Himahe, S.A. e de NUASA. Así mesmo, foi director-xerente de POPESA, fábrica de pensos; de POPECOSA, matadoiro de porcino, fábrica de embutidos e almacén de comercialización de ovos; director do matadoiro de Pozuelo GIPISA; adxunto á Dirección Xeral de IFASA; e director da Finca La Garea.
Desde o ano 1996 é director corporativo de IDOM Ingeniería, Arquitectura y Consultoría.
A súa actividade pública desenvolveuse como responsable de Agricultura, Pesca e Alimentación da Xunta; como concelleiro en Silleda e Pontevedra; deputado ao Congreso por Pontevedra; vicepresidente da Comisión de Agricultura do Congreso dos Deputados; secretario da Comisión de Asuntos Exteriores do Congreso; vicepresidente da Comisión Mixta de Transferencias de Galicia; deputado por Lugo no Parlamento de Galicia; presidente da Comisión de Ordenación do Territorio do Parlamento de Galicia; tenente alcalde de Desenvolvemento Rural en Pontevedra e deputado na Deputación Provincial.