Naceron en épocas distintas, como respostas a tempos polÃticos, sociais e económicos diferentes, por iso os consellos da cultura que hai en todo o Estado Español teñen composicións, organigramas, competencias e funcionamentos de traballo tamén diferentes. Convocados polo Consello da Cultura Galega, responsables destas entidades estiveron en Santiago explicando os seus proxectos e diferenzas. ¿Existe un único modelo válido?
Ramón Zallo, membro do Consejo Vasco de la Cultura comezou a súa intervención explicando que “creo que non hai un modelo ideal ha de ser operativo e ha de respostar as necesidades de cada sociedade, por iso non se pode trasplantar”. A idea da especificidade e non adaptabilidade de cada institución para outras realidades administrativas, pero tamén sociais e culturais, foi a que planou de fondo nunha xornada que se centrou principalmente no debate de se a institución chamada “consello da cultura” ha de ser meramente consultiva ou pode ter funcións executivas.
Asesorar ou executar
A primeira institución deste tipo en crearse foi en 1983 o Consello da Cultura Galega. Citada no Estatuto de AutonomÃa galego a súa lei establece que o seu carácter é “un corpo asesor e consultivo, con capacidade de iniciativa, investigación e organización”. É a mesma natureza que ten o Consell Valencià de Cultura, creado tamén por lei só dous anos despois que o seu homólogo galego. “Naceron nun momento no que habÃa que encargarse de cuestións simbólicas máis ligadas ao concepto de identidade” apuntou Ramón Lapiedra, membro do Consell Valencià de Cultura, na súa intervención. Era o momento no que a cultura estaba circunscrita ao campo da creatividade das artes tradicionais e onde aÃnda non se falaba de polÃticas culturais.
Co paso do tempo, a situación do ámbito cultural foi vertebrándose e foise dotando de musculatura administrativa. Por iso, os consellos da cultura creados nos noventa teñen un matiz diferente. O Consell Nacional de la Cultura i de les Arts de Catalunya, tamén creado por lei, segue a ser asesor pero comeza a ter funcións executivas. Son exclusivamente dúas: “conceder os premios nacionais de cultura da Generalitat de Catalunya” e “decidir sobre o apoio a creadores e a entidades respecto da promoción, o fomento, a difusión e a proxección da creación artÃstica de acordo co Programa marco de cultura do Goberno”. Foi un paso adiante con respecto ás outras entidades pero, para Ferrán Mascarell impulsor desta entidade e, ao mesmo tempo, moi crÃtica con ela, “foi unha oportunidade perdida” para poder avanzar nun formato moito máis evolucionado. O modelo vasco, pola contra, é substantivamente máis diferente. Creado por decreto (e non por lei) parte dunha concepción da cultura máis sistémica, e acabou por artellar un modelo de cogobernanza entre os diferentes sectores culturais. “Non somos unha entidade encargada da asesorÃa, senón que nos encargamos de executar un plan (en alusión ao Plan Vasco de Cultura que está neste momento na súa segunda edición).
A realidade plasmou que existen a dÃa de hoxe dous modelos claramente asesores (galego e valenciano), un que comeza a ter funcións executivas (o catalán) e outro que se encarga de cogobernar. Non é fácil elixir entre esas dúas competencias e os propios asistentes á xornada organizada polo Consello da Cultura Galega amosaban as súas discrepancias. Para Ferrán Mascarell o consello debe ser meramente asesor porque as competencias deben estar do lado do goberno. “Creo que a cultura ten que estar nos núcleos de decisión do goberno, para evitar a lateralidade coa que, de sempre, se tratou aos asuntos culturais”. Por iso, na súa opinión os consellos teñen que ser independentes con “sistemas de elección alonxados das eleccións e que poidan ollar desde fóra do sistema polÃtico”. Por iso, é tan importante a súa composición. Para o valenciano Ramón Lapiedra, se o consello ten funcións executivas ha de haber representación popular, se é asesor tamén ha de contar con representación polÃtica, ao ser entendido como unha instancia de mediación. E aquà é onde entra a importancia da súa composición.
Independencia e composición
O Consell Nacional de la Cultura i de les Arts de Catalunya está integrado por 11 membros (un presidente e dous vicepresidentes con soldos de director xeral, mais oito personalidades) escollidos polo Parlamento catalán entre persoas con experiencias e prestixio recoñecido no ámbito cultural e artÃstico. Moito máis numeroso é o valenciano, que conta con 21 membros elixidos polas Cortes Valencianas por maiorÃa de dous terzos. E moito máis o Consejo de Cultura Vasco que ten un pleno dunhas cincuenta persoas entre membros das institucións, polÃticos (conselleiro de cultura do goberno vasco que é o presidente, o viceconselleiro de polÃtica lingüÃstica, o director de Patrimonio Cultural, por poñer algún exemplo), xente elixida polo parlamento e representantes dos sectores culturais. Como se chegou a apuntar nalgún momento da xornada, un dos seus principais inconvintes é a súa dependencia do poder polÃtico.
En todo caso, o que quedou claro é que neste momento existen numerosas entidades (institutos, axencias, asociacións, fundacións, axentes culturaisÂ…) e que os consellos se atopan na obriga de artellar novos modelos de polÃticas culturais. “Cómpre insistir na idea da centralidade da cultura, de situala nos focos de poder” apuntaba Ramón Villares nas presentación de conclusións desta xornada. O presidente do Consello da Cultura Galega insistiu en que o reto pasa por unha mellor articulación cos actores culturais asà como iniciar accións de carácter prospectivo e de análise dos proxectos culturais.
En todo caso, no que coinciden todas os participantes que asistiron no congreso é o no que verbalizou o catalán Ferrán Mascarell é que “un paÃs vale o que vale a súa cultura”.