Escritor e xornalista, Amin Maalouf (Beirut, 1949) acaba de sumar un novo galardón. Trátase do XIII Premio Internacional do Grupo Compostela-Xunta de Galicia. Un premio que ten unha dotación económica de 6.000 euros e unha medalla de ouro conmemorativa. O xurado deste grupo, composto por diferentes personalidades entre as que figuran Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación, decidiu concederlle o premio por unanimidade. O galardón recoñece a persoas ou institucións que destaquen polo seu labor en prol da unidade europea ou a preservación do patrimonio cultural do noso continente.