Un novo paso na normalización do idioma. O xornal "O Correo Galego", único realizado Ãntegramente no noso idioma, fai hoxe público o lanzamento do seu "Manual de estilo", primeiro realizado na nosa lingua e segundo na historia da prensa galega. Este volume achega abondosa información práctica para o traballo diario dos xornalistas e pretende disipar dúvidas no emprego da lingua nos medios de comunicación.
Manual
O "Manual de estilo" que s epresenta hoxe pretende convertirse nunha ferramenta que facilite o traballo diario dos xornalistas e permitar unificar criterios no tratamento da información e da lingua. Precisamente os apartados dedicados a diferentes cuestións lingüÃsticas son os que reciben máis atención no volume.
O manual está dividido en oito partes e mais uns apéndices. Comeza explicando os valores que deben rexer o funcionamento do xornal senta as bases do emprego da lingua no medio.
A continuación, o volume tipifica a división de xéneros vixente no xornal e define o sistema de titulación, estilo, emprego de fotografÃas e de infográficos e a relación do xornal con internet.
É a partir da sexta parte cando o manual comeza a tratar cuestións lingüÃsticas, chegando de temas coma os signos de puntuación, o emprego de maiúsculas e minúsculas, e o tratamento das abreviaturas e dos números.
A séptima parte, unha das máis extensas do volume, está dedicada á lexicografÃa, tratando tanto as interferencias léxicas como as semánticas e aportando unha lista de castelanismos de ambos tipos onda a forma galega recomendada polos autores do libro do estilo. Nesta mesma sección recóllense listas doutros estranxeirismos, latinismos e modismos casteláns aclarando asimesmo o seu emprego. O tratamento de topónimos e dos xentilicios pecha esta sección do manual.
Unha octava sección encárgase de definir as normas de tratamento e de protoloco que se empregan no xornal e, finalmente, os apéndices aportan numerosa información práctica para o traballo xornalÃstico diario, coma unha lista completa de topónimos e xentilicios dos concellos galegos e información sobre os nomes en galego dos paÃses do mundo e as súas capitais entre outros contidos.
Sete anos de traballo
Segundo informa "O Correo Galego", o manual foi redactado por un equipo multidisciplinar no que participaron lingüÃstas, redactores e membros das diferentes seccións do xornal. O contido estructurouse a partir dos problemas que se foron detectando nos sete anos que leva en marcha o xornal e das solucións que se foron adoptando no dÃa a dÃa para unificar o tratamento da información no medio.
Un total de dezasete persoas pariticiparon, baixo a coordinación de Benigno Fernández Salgado, na realización deste libro, que se constitúe coma o primeiro libro de estilo dun xornal en galego, e é o segundo da prensa do noso paÃs despois do manual editado por "La Voz de Galicia" en 1992. O volume presentarase ó público mañá nas instalacións do xornal na rúa do Preguntoiro de Santiago de Compostela.