O Clube de Prensa abriu a programación falando sobre a lei na información

Dereito a informar

A lei e a información foron os protagonistas do primeiro seminario dos VIII Ciclo de Conferencias que anualmente programa o Clube Internacional de Prensa de Galicia (CIP) para este ano 2002 que acaba de comezar. Unhas xornadas na que os expertos participantes decidiron crear un ente de control do audiovisual da actividade e dos contidos do sector audiovisual. E de xornalismo tamén se falará na conferencia que mañá organiza o Conlexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no que o catedrático Jesús Timoteo Álvarez falará do negocio do xornalismo.

Para informar... e a lei


"Perspectivas xurídicas na sociedade da información" foi o contido do primeiro seminario que deu pé a inauguración da rolda de conferencias que se van a celebrar para este ano. Un evento que concentrou no Clube Internacional de Prensa a xente de primeiro nivel e a expertos en materia xurídica e do mundo da información entre os que destacaron Fabra Marc Carrillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Pompeu Fabra Marc Carrillo e Ana Azurmendi, profesora de Dereito da Información da Universidade de Navarra. Se houbo unha conclusión común entre os expertos concentrados nesta rolda é a necesidade de crear un órgano que controle a actividade e os contidos do sector audiovisual, xa que consideran que o modelo que rexe na actualidade está esgotado.
O seminario pechouse cunha mesa redonda na que Arturo Lezcano, actual defensor do lector de La Voz de Galicia (única figura que existe en Galicia) falou da súa función e que avalaron todos os profesores de comunicación presentes no evento.

Sobre a regulación xurídica da sociedade da información, comeza o ciclo de conferencias do Clube Internacional de Prensa, que abordará outros ciclos como "Industria audiovisual e territorio" e "¿quen manda no ciberespacio?".












O negocio de ser xornalista



"Xornalista ¿que negocio?" esta será a pregunta que pretenderá resolver o catedrático de comunicación, Jesús Timoteo Álvarez nunha conferencia maxistral que pronunciará no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega ás 20:15 horas. Da man do colexio de Xornalistas da Coruña, Timoteo Álvarez establece alternativas, retos e posibilidades da profesión de xornalista. Unha conferencia que terá entrada libre.