"Código cero" completa a súa difusión cunha revista mensual

Hard trick

Primeiro comezou sendo un programa de radio (Código); xusto un ano despois sacou unha web (codigocero.com) e agora acaba de lanzar ó mercado o terceiro producto: unha revista mensual. O seu título, como non, Código Cero e pretende conservar a mesma filosofía de traballo coa que se comezou a emitir os programas de radio, é dicir, servir de punto de encontro de Galicia na internet e na chamada Sociedade da Información. Pola cantidade de 1.20 euros (200 pesetas) todo o que queira estar informado das novidades tecnolóxicas terá no seu quiosco desde este mes unha nova publicación.

A nova cabeceira




Código Cero Edicións estrea o ano novo cunha nova publicación nos quioscos. Trátase de "Código Cero. A revista de Novas Tecnolóxicas de Galicia" que vén a completar o panorama divulgativo da radio e da web iniciado hai uns seis anos. Por 1.20 euros (200 pesetas) poderemos atopar mensualmente nos quioscos unha publicación con numerosas seccións que pretenden dar conta de todos os actos e eventos tecnolóxicos, unha guía web da rede en Galicia. Entre as seccións fixas destacan as entrevistas, "O rincon do hacker", o editorial e as olladas que se farán sobre cada un dos portais que existen en Galicia. Comeza este número primeiro un percorrido por U-lo, un análise sobre o proxecto da Cidade da Cultura, un "así se fixo" de A Palabra no Tempo que culturagalega.org ofrece desde o pasado mes de decembro e un vistazo a "CanalCoruña.com".
Dirixe esta nova publicación Xosé María Fernández Pazos, que tamén é o director do programa que leva o mesmo nome, Código Cero, e que se emite na Radio Galega os sábados (14:30) e os domingos (20:30).











Unha traxectoria



Un 25 de xullo de hai seis anos, a Radio Galega decidíu crear un programa de radio que servise de punto de unión e de altofalante de todas as novidades tecnolóxicas que se estaban a desenvolver de xeito aillado e a moi pequena escala en Galicia. O resultado foi Código, un pograma que foi bailando nas grellas da programación da Radio Galega con certa frecuencia, ata consolidarse no horario de fin de semana. Xusto un ano despois, outro 25 de xullo, xurdía Códigocero.com, que nacía nas orndas da radio pública que foi ben acollido polo público e pola crítica e que tivo tamén unha edición especial semanal en formato .pdf e que o pasado 9 de novemebro recibiu, na categoría de medios de comunicación, da "Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia", ó ser considerado o mellor proxecto de difusión de novas tecnolóxicas do noso país.