Atopámonos ante unha fin de semana de aniversarios xornalÃsticos. Se dunha banda "La Voz de Galicia" celebra esta noite cunha gala os seus cento vinte anos de existencia, "O Correo Galego" fai o domingo oito anos desde que iniciou a súa publicación. Para celebralo, presentou onte o suplemento especial "88 Galeg@s" que publicará o domingo.
120 libros por 120 anos
Os cento vinte anos de "La Voz de Galicia" celébranse esta noite cunha gala que se realizará no Pazo de Congresos de Galicia en Santiago de Compostela. Nesta gala presentarase a Biblioteca Galega 120, a colección de clásicos das nosas letras que acompañarán ó xornal nos vindeiros meses ó prezo dun euro cada obra. Con esta iniciativa poranse na rúa máis de tres millóns de libros en galego.
Carlos Casares, presidente do Consello da Cultura Galega, e Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega, explicarán a súa visión sobre esta iniciativa nun acto que comezará ás oito da tarde e que será conducido pola actriz UxÃa Blanco.
Os asistentes a esta celebración poderán ver un video realizado pola productora NTR, do grupo Voz, no que se recollen imaxes da historia do xornal. Ademais, o grupo Luar na Lubre realizará una actuación en directo durante a cal presentarán algúns dos temas que compoñen o seu vindeiro traballo, que comezan a gravar estes dÃas.
Oito anos en galego
O único xornal escrito integramente no noso idioma, "O Correo Galego", cumpre este domingo oito anos. Para celebralo editará un suplemento chamado "88 galeg@s" no que persoeiros de diferentes ámbitos exporán as súas opinións sobre o futuro do noso paÃs.
Para o acto de presentación deste suplemento déronse cita onte na sede do xornal en Santiago de Compostela unha longa lista de persoeiros que incluÃan a escritores, xornalistas, polÃticos, músicos, desportistas ou empresarios. Durante este acto o dirctor do xornal, Xosé Manuel Rey Nóvoa sinalou que os promotores do xornal "cremos que o que hoxe para moitos pasa case desapercibido será valorado cada dÃa máis co paso do tempo". Pola súa banda, Carlos Casares, director do Consello da Cultura Galega, destacou a necesidade de que "O Correo" sexa "un proxecto sólido" e que o seu futuro "non pode depender da vontade un empresario senón da vontade de todos os galegos".