Chamábase Felipe Fernández Armesto pero el respondía ó seudónimo de Augusto Assía. Foi o correspondente por antonomasia que tivo o xornalismo español desde 1928 ata 1986. Foi entón cando decidíu mudar Berlín, Bonn, Londres ou Nova York pola súa "Casa Grande de Xanceda" en Mesía (A Coruña), onde morreu este sábado. Aínda que a súa faceta máis coñecida foi a de xornalista, neses difusos lindes entre o xornalismo e a literatura, tamén foi escritor, faceta da que tamén deixou un legado de gran calidade. Unha obra entre a que destaca "Xela".
Home de mundo
Ésta fin de semana o xornalismo estivo de loito en Messía (A Coruña). E que o sábado finou Augusto Assía (Ourense, 1905) xornalista, escritor e personalidade destacada dentro do mundo da comunicación. Ós seus 97 anos, Assía vivía na súa "Casa Grande de Xanceda" a onde se trasladou en 1986 logo de ser testemuña e cronista dos acontecementos máis importantes que aconteceron na historia máis recente. O enterro, que tivo lugar o domingo, congregou en Xanceda (A Coruña) a personalidades relevantes da política e da cultura.
Comezou a publicar na prensa en 1924, da man de "El Pueblo Gallego", traballo que comparteu coa súa carreira de Filosofía e Letras. Da man dunha bolsa (na Universidade de Berlín) marchou a Belín desde onde comezou a escribir para xornais estatais, sendo a súa colaboración con "La Vanguardia" o vínculo máis forte, que se afianzaría en 1929, cando foi redactor de plantel do rotativo catalán. Desde entón a súa vida estaría ligada ós conflictos e os focos informativos máis importantes do mundo. Viveu en primeira liña o ascenso do naxismo na Alemaña da república de Weimar e dos anos 30, e o desde Londres contaría as noticias da II Guerra Mundial (quixo a casualidade que chegase a Londres o mesmo día no que se iniciou o conflicto). En 1986, logo de vagar polo mundo en busca de noticias durante 58 anos, decidíu mudar as capitais de numerosos países do mundo, pola sua "Casa Grande de Xanceda", nunha leira que mercou un fogar para adicar á explotación gandeira. Desde entón compartíu a súa casa ca súa muller, a escritora historiadora e política María Victoria Fernández España, coa que casou en 1950, e que o seu pasamento, en 1999, lle costou superar ó xornalista. Os seus últimos momento, Assí comparteunos coa numerosas personalidades de todo tipo que compartiron almorzos na súa casa de Mesía que recordaba, cunha memoria extraordinaria, as numerosas anécdotas que aconteceron na súa vida.
Galardóns e obra
Augusto Assía foi, ademais dunha persoa de mundo, un xornalista bastante laureado. De feito, no seu haber figuran gran cantidade de premios que quixeron poñer o acento no seu labor. Obtivo os premios Godó e Fernández Latorre de Xornalismo e o Galicia de Comunicación, así como a medalla do Rei de Inglaterra e o título de oficial da Orden do Imperio Británico. A Xunta outorgoulle a Medalla Castelao en 1990, polo toda a súa figura (que tamén recibíu a súa dona en 1997). A máis recente distinción fo a que lle concedeu o ano pasado a Asociación de Periodistas de Galicia.
Á súa faceta de xornalista cómpre tamén engadirlle a de escritor, porque Assía, tamén foi un prolífico home de letras. Inicouse nos seus tempos universitarios, cando publicou "Xelo" a súa única novela en galego que foi moi ben acollida pola crítica (Rafael Dieste dixo del, a raíz desa obra, que 3era "un verdadeiro escritor galego"). Assía foi unha persona ben completa, xa que publicou non só obras literarias senón tamén xornalísticas como "La traición como arte", na abordaba o tema da infiltración comunista nos medios de información dos Estados Unidos.