Finalmente foi unha de catro. Emma RÃos foi a única dos catro candidatos galegos que conseguiu levar un galardón nos premios Expocómic 2008. A galega, fÃxose co premio a Autor Revelación polos seus traballos en publicacións coma Los reyes elfos 2 ou Barsowia. Pola súa banda, outro galego, David Prieto Gochi conseguiu o terceiro posto no 3º premio do Concurso de Comic de Astillero 2008 (Cantabria). Gochi presentou a este certame unha historia curta protagonizada por Ferruxe, personaxe secundario da súa serie Trasmallo.