MarÃa LuÃsa Losada é a autora de Documentación histórica e clima o artigo que, dentro do mentado volume, tenta achegar un resumo de datos dispoñibles en diferentes fontes históricas. Segundo explica esta investigadora, “a miña investigación pretendÃa ver se Galicia se podÃa incluÃr no marco que hai para a climatoloxÃa europea de séculos pasados”, e máis concretamente, na chamada Pequena Idade do Xeo que afectou ao planeta entre os séculos XIV e XIX. Polo visto, aÃnda que algo máis serodio, as observacións dos nosos devanceiros semellan confirmar un empeoramento do clima durante a Idade Moderna fronte ao PerÃodo Medieval.
De cara a confirmar estes datos, Losada, e antes ca ela autores coma Xosé Fernández Cortizo, da Facultade de Historia, xa traballaran en diferentes artigos estas fontes. Coma el, a Historia del clima del Finis-Terrae Gallego de Fontana Tarrats, ou artigos de Eiras Roel, Saavedra ou Villares fornecen unhas primeiras achegas neste sentido, sobre todo no que se refire aos prezos dos artigos de primeira necesidade e a un curioso indicador dos perÃodos de choiva e de seca: as rogativas.
Sacar o santos
“As rogativas indican que a xente está preocupada polo tempo e sacan os santos de paseo porque quere que varÃe. Aquà o mais normal é que se pida que cesen as choivas. que é o que máis afecta ás colleitas”, explica Losada. Este costume aÃnda en vigor ten a súa orixe no século V, e semella que nos séculos XVI e XVII se fixo especialmente habituais polos problemas meteorolóxicos que se sucedÃan. Canda ás rogativas propiamente ditas, hai constancia tamén decmisas e outras peticións por esta causa. Os rexistros das confrarÃas que se conservan en diferentes igrexas son as principais fontes para coñecer en que épocas e por qué motivos se celebraron estas ceremonias. “Nos arquivos eclesiásticos ou arcebispais quedan moitos rexistros. O problema é atopalos, porque estes documentos estráganse e son difÃciles de localizar”, explica esta investigadora.
O clima económico
Outro tipo de pistas é o rendemento económico de instalacións coma as saÃñas ou os neveiros. “Nas saÃñas obsérvase cando hai veráns secos e cálidos, que é nos que se produce sal”, explica Losada. No noso paÃs os datos máis completos localizados ata o momento son os que amosan a produción da saÃñas da Lanzada entre 1751 e 1771. No entanto, o mesmo feito da existencia das saÃñas verifica cando menos unhas condicións climáticas mÃnimas para a produción deste ben, e a decadencia destas instalacións cara a mediados do século XVIII pode relacionarse con enfriamento da década de 1760. Outras referencias son as dos neveiros, fondos buracos nas montañas que se empregaban para almacenar, como o seu nome indica, neve que servÃa para conserver alimentos. En moitos casos estas instalacións eran propiedade de mosteiros, e nos seus documentos figuran rexistradas as gañancias que lles outorgaban estas instalacións. Deste xeito sabemos, por exemplo que os que posuÃa o cabido de Santiago no Ceberiro estaban cubertos de neve catro meses ao anoXXX
A importancia do tempo
Encol do feito de que haxa tantas pitas climáticas nos documentos antigos, a autora explica que “desde o comezo da humanidade hai xente que se preocupou polo tempo, e é evidente que a meteoroloxÃa inflúe nas nosas vidas. Aà están os refráns que, aÃnda que os hai para unha cousa e mais para a contraria, amosan a presenza do clima na nosa cotidianidade”, adianta MarÃa LuÃsa Losada. Debemos pensar que, se aÃnda nos nosos tempos estamos pendentes do tempo para cuestións coma a agricultura ou as industrias do ocio e do turismo, en sociedades fundamentalmente agrarias este era un factor determinante a moitos niveis. Os problemas nas colleitas e as pestes que favorecÃa a mala alimentación derivaban en ocasións en revoltas polÃticas, aÃnda que, fóra de diferentes anécdotas ou dalgunhas batallas, “non houbo en Galicia feitos especialmente destacados que estivesen marcados pola metereoloxÃa”. Podemos mentar, se acaso, a batalla do Lérez entre Afonso Henriques e Fernando II (1161), na que a destrución da torre do castelo de Cedofeita por un raio deulle vantaxe ao segundo, ou a morte dos dous terzos das tropas do duque de Lancaster en Ourense por mor do calor e da sede en 1385. Ou os problemas que atopou Mariana de Neoburgo, esposa de Carlos II para desembarcar no noso paÃs por mor das continuas tempestades, un mal tempo que tamén acompañou en 1808 a Sir John Moore na súa retirada cara á Coruña na forma de neves e xeadas. No entanto, se imos fóra das nosas fronteiras, atopamos casos que marcaron a Historia, “coma o desastre da armada invencible ou mesmo a descuberta de América, para a que colón aproveitou os ventos alÃsios do outono”.
Exemplos
É a partir de datos deste tipo que temos constancia de secas xeneralizadas na altura do século VII, que mesmo provocaron “terras desertas” no noso paÃs. A tendencia mudou cara ao século XII, con fortes choivas no inverno de 1102 que desbordaron o Miño e dificultaron a traslación do copro de San Froitoso ata Tui. Entre outras novas, setenta anos despois o Cronicón Conimbricense recolle unha grande seca que deu nunha fame xeneralizada e unha alta mortandade. Se nos semella que nos nosos dÃas o tempo anda tolo, o que tal pensarÃan os galegos en 1190, cun verán que se prolongou ata xaneiro do seguinte ano. En 1472, Fernando de Xinzo librou da forca ao caer unha chuvia tan forte que rachou a corda que suxeitaba. A partir do 1565 vaise dando un empioramento das condicións climáticas que se agravou a partir do século XVII, sendo esta a nosa propia versión da Pequena Idade do Xeo que sufrÃa o mundo por aquel entón. Do ano 1669 contamos, ademais de con información textual, coa imaxe do trebón que atopou en Compostela Cosme de Medici durante a súa visita á cidade. Canda a estas novas, eclipses, tremores de terra, raios ou catástrofes van acompañando a historia do noso paÃs ao longo dos anos.
Malas pegadas
Como podemos ver, as pistas que nos dan datos sobre o tempo son do máis variado, e mesmo os datos das liortas sobre os agricultores pola auga para o rego pódennos indicar a situación climática dun momento concreto. Canda aos rexistros xa mencionados, todo tipo de crónicas, textos municipais ou mesmo vidas de santos poden agochar diferentes datos, aÃnda que, como sinala a autora “hai que ter en conta que as novas meteorolóxicas só eran noticias cando eran malas, o que nos leva a considerar coma bos aqueles nos que escaseen as noticias”. AsÃ, polo xeral a maior parte das referencias abondan en sinalar perÃodos de malas colleitas, carestÃas, fames e pestes de todo tipo.
Losada apunta que queda aÃnda moito por peneirar neste campo, e advirte que “sempre se poden incorporar novos datos e singularidades de zonas concretas, pero é difÃcil atopar cousas que modifiquen xa o marco xeral do clima galego dos últimos séculos. Con este tipo de datos pódense facer comparacións locais e comprobar se en determinados momentos habÃa diferenzas entre localidades”. Os interesados, teñen os documentos á súa disposición.
Rogativa nas cantigas de Sta Maria
Ilustración dunha rogativa na cantiga 143 das Cantigas de Santa MarÃa Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia
Cadro rogativas
Serie de rogativas pro serenitate e pro chuvia en Santiago e Pontevedra Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia
Chuvia en Compostela 1669
Detalle dun debuxo de Pier MarÃa Baldi no que se observa Compostela baixo a choiva en 1669, durante a viaxe de Cosme de Medici. Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia
Treboada no camiño real 1809
Ilustración de William Bradford sobre unha treboada no camiño real entre ConstantÃn e As Nogais, 1809. Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia
Asolagamentos en padron 1880
Gravado de La ilustración gallega e asturiana cos asolagamentos de Padrón de 1880. Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia
Chuvas secas pestes e fames
Cadros cos datos de choivas e asolagamentos, secas, pestes e fames segundo os documentos históricos consultados. Fonte: MarÃa LuÃsa Losada: Historia da meteroloxÃa e da climatoloxÃa en Galicia