Amin Maalouf presenta en Compostela a a súa última obra, editada por Xerais

Líbano en galego

O escritor libanés Amin Maalouf presentará hoxe na facultade de Filoloxía de Compostela a súa última novela, A viaxe de Baldassare, primeira das súas obras editadas en galego da man de Edicións Xerais. O escritor, de recoñecido prestixio mundial, participará esta noite nunha cea con autores galegos.

A viaxe
A última novela de Maalouf transcorre no ano 1666, nun ambiente marcado pola crenza da fin do mundo e as diferentes reaccións ante esa idea. O protagonista, Baldassare, percorre o Mediterráneo e chega ata Londres na busca dun libro, O centésimo nome, que revela o derradeiro nome de Deus e permite invocalo.


Maalouf


Amin Maalouf acadou sona internacional con obras como As cruzadas vistas polos árabes, León o africano, e Samarcanda ou A rocha de Tanios, pola que recibiu o coñecido premio Goncourt. Logo de percorrer medio mundo como xornalista de guerra, exiliouse a Francia cando empezou a guerra no seu país. As súas novelas expresan a necesidade da razón contra o fanatismo e a loita pola dignidade humana.