Os premios Expocómic 2008, uns dos máis recoñecidos a nivel estatal, contan nesta edición cunha nutrida representación galega. Carlos Portela é candidato ao de mellor guionista estatal pola súa novela gráfica sobre Prestige, A conta atrás. Pola súa banda, Das Pastoras pode ser recoñecido coma mellor debuxante a nÃvel de España polo seu traballo en Castaka con guión do chileno Alejandro Jodorowsky. Na categorÃa de autor revelación, Jacobo Fernández coas súas Aventuras de Cacauequi e mais Emma RÃos, cos seus traballos en Barsowia e en Los Reyes Elfos acumulan dúas das cinco candidaturas existentes. Precisamente o volume colectivo Los Reyes Elfos 2, con guión do catalán VÃctor Santos, conta con colaboracións tanto de Emma RÃos coma de David RubÃn, o que incrementa a presenza de autores do paÃs nestes premios. O prazo de votación por Internet está aberto.