Orella Pendella, un novo sitio para recuperar a literatura popular infantil

O web reúne e clasifica poemas e ditos tradicionais para nenos

"Con Orella Pendella queremos difundir a literatura popular infantil de Galicia para que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI", aseguran os promotores desta iniciativa web, Carlos Yus (contidos) e Kiko Fernández (técnico) na que xa se poden atopar vizosos contidos clasificados en tipoloxías: mecos no colo, recitados, xogos, burla, oracións de risas, animais...O sitio é www.orellapendella.org.