"Ven" é unha pequena mostra do que son capaces de facer Alexis Fernández e Caterina Varela. Unha pÃlula dos Showcases cos que a Feira Galega das Artes Escénicas pretende amosar como latexa a danza.
A compañÃa coruñesa de danza contemporánea Entremáns presentou onte Ven, un dueto de Alexis Fernández e Caterina Varela que foi estreado no marco do XIII Festival Internacional de Danza en Paisajes Urbanos Habana Vieja, Cuba, o pasado mes de marzo. Nesta ocasión, os artistas incorporaron o espazo gris do adro da SGAE a unha proposta coreográfica intensa e de impresionante factura técnica que conseguiu manter a expectación dun público esixente e desexoso de se enfrontar por fin a unha selección de espectáculos representativa das cotas de calidade que está a acadar a arte do movemento que se fai en Galicia.
Este ano, a Feira cumple cos obxectivos de reforzar a presenza da danza contemporánea. A edición ofrece unha programación máis ou menos ampla que inclúe a mesa de debate “Danza a escena” e que completa o panorama de propostas de grande formato – están, entre outras, a polémica Hnuy illa, da cÃa vasca Kukai-Tantakka, ou Tradición, de Nova Galega de Danza- cunha serie de catro curtas de apenas 15 minutos de duración, dirixidas e interpretadas por creadores como Anuska Alonso, Carlota Pérez ou Javier MartÃn, da que esta Ven de corpos imantados foi a primeira entrega.
CrÃtica
“( ..vén máncame déixame apértame non me toques, pero vén, apártate de min..)” por Andrea Pino