Matarile Teatro afonda sobre o lado máis salvaxe do ser humano en Animais Artificiais

Feira Galega das Artes Escénicas 2008 - Montaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A última aposta de Matarile Teatro fala da empatía e do equilibrio entre o que queda do noso animal e os mundos artificiais que habitamos. Por un lado, somos seres máis ou menos sensibles e a miúdo expresámolo espontaneamente. Mesmo chegamos a comportarnos como brutos.

Imaxe 1
1/6
Imaxe 2
2/6
Imaxe 3
3/6
Imaxe 4
4/6
Imaxe 5
5/6
Imaxe 6
6/6


Crítica

"Selección natural" por Beatriz Bravo

Todo pode ser diseccionado. Un corpo descomposto en células. Unha partitura reducida a notas e silencios. Unha vida fragmentada ata o instante.

A nosa historia está feita de intres que por si mesmos quizais non serían nada, pero que xuntos configuran a xeografía da nosa personalidade. Son esas partes minúsculas que forman e reforman o noso ser a base de traballo de Matarile, que continúa aprendendo a deleitarse cos pequenos momentos, eses que quedarán con nós durante moito tempo sen que saibamos moi ben o por qué.

Ana Vallés aposta unha vez máis por unha linguaxe nova e libre coa que o teatro sexa unha forma de diálogo e catarse. A mensaxe é menos importante que as posibilidades do corpo sobre as táboas, en permanente fusión coa voz, o son, a luz e a escenografía sempre sutil de Patiño. Dramas os xustos, bérrannos dende o escenario.

Con Animales Artificiales, Matarile afonda na autobiografía como punto de partida dunha experimentación máis física que nunca -non en balde case a metade do elenco adícase profesionalmente á danza-. Créase así a perfecta comuñón entre o actor e o bailarín que, para chegar ó público coa súa historia, se debe sumerxir na súa propia vida, deixando os artificios esquecidos ó longo da beirarrúa.

Que che parece esta nova?
19 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Matarile Teatro, Artes Escénicas, Feira...