Un investigador atopa un documental con imaxes inéditas de Valle Inclán

Valle en movemento

O sábado inaugurábase a Casa Museo de O Cuadrante, en Vilanova de Arousa, encargada de recuperar e exhibir todo o que teña que ver con Valle Inclán, sexa no soporte que sexa. E a última achega sobre o escritor (aínda que non formará parte dos fondos da institución) son imaxes en movemento de Valle Inclán. O documento é completamente inédito, está formado por tres cortes que se presentan nunha montaxe que supera os vinte minutos, xunto outros dous que forma parte do arquivo privado dunha familia madrileña.

Imaxes inéditas


Ata o momento a única imaxe en movemento que se coñecía de Valle Inclán era un pequeno papel na película "A malcasada" (1926) do xornalista Francisco Gómez Hidalgo. Sen embargo, o interese sobre o dramaturgo vilanovés que desenvolveu sempre Alejando Allegue, un dos máximos impulsores iniciais da Fundación Valle Inclán, obtivo resultados moi fructíferos. Trátase de tres cortes que, unidos a dous que ten unha familia madriñela no seu arquivo, deron lugar a unha motanxe que duran uns vinte minutos. As imaxes pertencen a diferentes momentos da vida do creador do esperpento, e está nas rúas de Santiago e de San Sebastián nunha acalorada intervención a favor da República española. Noutras imaxes poderase ver ó escritor paseando por Aranxuerz e outra vilas castelás.
O material deuse a coñecer no mesmo momento no que autoridades e personalidades inauguraban a Casa Museo de Valle Inclán en Vilanova de Arousa. Se embargo, as imaxes non se poderán contemplar nesta instutición, ou polo menos, segundo declara o investigador, o momento no que Vilanova e A Pobra, renuncien á polémica por repartirse entre ambos a figura de Valle Inclán.

Seminario de producción


Ademais de crear un producto audiovisual hai que darlle unha saída ó exterior. E esas claves, moitas veces son froito da aprendizaxe e do coñecemento do sector. E estas mesmas son as que pretende ofrecer a Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual (AEGA) a través dun curso que desenvolverá do mércores ó venres na Hotel Araguaney. Este seminario leva o título "Estratexias de Marketing e Promoción que deixará temas como "O departamento de márketing: ficción ou realidade"; "Como deseñar unha campaña de márketing", "Relacións públicas e medios de comunicación", "Estratexias de márketing e promoción a nivel internacional"; "O impacto de Internet e a tecnoloxía dixital. A súa utilización como vías de promoción". Todos os que queiran asistir ó semainario porden poñerse en contacto con Aega, no teléfono, 981 59 95 99. Unha xornada que iniciará unha serie de seminarios de formación que se desenvolven desde Aega. Un organismo que están integradas Editorial Compostela, Adivina Producciones, CTV, NTR, Lugo Press, La Región, TV 7, Portozás e Localia Televisión. Neste seminario en concreto, cóntase coa colaboración da Consellería de Cultura, e o patrocinio da Fundación Araguaney, a Fundación R, a Escola de Imaxe e Son e a asociación cultural Aurla K e Media Desk España.