A Xunta presenta un informe que revela que o audiovisual factura 150 millóns

DAFO

Hai uns meses a Xunta anunciaba que concentraría os seus esforzos para relanzar o audiovisual e para iso implicaría liñas de actuación que afectasen a varias consellerías. Primeiro foi a de Industria, que a través do IGAPE, anunciaba a creación de axudas e de liñas de crédito para fomentar e impulsar o financiamento de proxectos audiovisuais. Agora toma o relevo a Consellería de Familia que inaugurou unha xornada de presentación sobre o "Estudio de necesidades formativas no sector Audiovisual en Galicia" . Unha xornada na que o presidente da Xunta de Galicia aproveitou para facer público un estudio elaborado conxuntamente co Asociación Galega de Productoras Audiovisuais (Agapi) que o audiovisual galego facturaba 150 millóns de euros anuais.

Datos


A Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude acaba de aportar o seu gran de area para o relanzamento e consolidación do sector audiovisual. E fíxoo cunhas xornadas na que se presentou o Estudio de Necesidades Formativas no Sector Audiovisual de Galicia. Un estudio elaborado por esta consellería en colaboración coa Asociación Galega de Productoras Independentes (AGAPI) e que vén a dar conta das necesidades de formación do persoal para contribuiró crecemento do audiovisual. O Titular da Xunta, que foi o encargado de presentar estas xornadas, xustificounas e explicou que o esforzo por impulsar o sector supón que "a modernización dunha sociedade podería medirse pola súa capacidade de comunicación". Así, o xefe do Executivo autonómico destacou a relevancia e da necesidade da formación dos recursos humanos nunha área industrial que pasou, só no ámbito da producción, dunha facturación global "trece millóns de euros en 1995 ós mais de 34 millóns ó remate do século". Na mesma presentación déronse a coñecer os novos datos do sector audiovisual. Uns datos que apuntaba que o audiovisual facturaba anualmente 150 millóns de euros. Segundo este informe Galicia conta con 233 empresas adicadas á industria do audiovisual, das que 205 naceron logo de 1996 e dan emprego a 1.600 persoas. Uns datos que sitúan ó audiovisual galego á alza e que representa un 20% do total nacional e que se incrementou no último lustro un 400%.

Curtametraxes


E o audiovisual tamén nos deixou novidades relativas ás curtametraxes. E son dúas. A primeira a que un equipo da Escola de Imaxe e Son de Vigo está a gravar na Igrexa de Santa María de Porriño. Unha curta que se basea nas relación de dosu amigos, que se deteriora cando un deles perde un teléfono mobil e cre que llo roubou o outro. Para tentar descubrilo, llama pola noite á súa casa onde fala coa súa muller que padece insomnio. Nese momento xorde unha relación amorosa que rematarán confesando ambos na igrexa do Porriño. Esta curtametraxe está dirixida por Mónica Miranda, na que é o seu primeiro traballo.
E máis lonxe, en Zaragoza, a curtametraxe de Manu Mayo opta ó premio Segundo de Chomón. Unha cita que leva por título o nome dun dos pioneiros do cinema que traballou a principios do século XX e que é autor de "Choque de trenes" (1901). A Curtametraxe de Mayo titúlase "Toda clase de peles" e ten como protagonista a Federico Luppi, Sabela Rodríguez e Íñigo Saavedra.