Do A ó Z. O Cine galego desde 1896 ata o ano 2000 xa está nun libro. Concretamente nun diccionario que pretende servir de referencia do audiovisual galego. É "Diccionario do cine en Galicia" que acaban de presentar a Consellería de Cultura e o Centro Galego de Artes da Imaxe. Unha obra forito dun longo proceso no que colaboraron figuras moi coñecidas do sector audiovisual. Nomes como Ángel Luis Hueso, Xosé Enrique Acuña, Carlos Aguiar, José Luis Cabo, Márcos Valcárcel ou Santos Zunzunegui, fixeron posible esta catalogación.
Todos
Están todos os que son e son todos os que están. O diccionario do cine en Galicia pretende ser moi completo e exclusivo. Non en van este tomo chegará ás librerías logo dun longo proceso de investigación que estivo coordinado desde o Instituto Galego de Artes da Imaxe. E neste volume recóllese ás traxectorias de todas aquelas persoas nacidas en Galicia que traballan no audiovisual (non ten porque ser aquí) e aquelas outras que, malia non ser galegas, desenvolveron fortes vencellos con Galicia no período de tempo que vai entre 1896 e o 2000. E como o listado podería ser moi amplo, os creadores do libro, determinaron que aparecerían aqueles nomes que desenvolvesen un labor de certa relevancia dentro do ámbito profesional. Non figuran polo tanto nomes de cineastas afeccionados ó entender que estaría absolutamente desvencellados do que se entende por industria ou sector cinematográfico.
Pero agrupados
O diccionario que publica o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), presenta un total de 286 entradas, de maior ou menor extensión, segundo a importancia cuantitativa ou cualitativa da sua aportación, que recollen a traxectoria profesional de 71 directores, 19 productores, 74 actores, 60 guionistas, musicos e outros profesionais.
Ademais, o Diccionario recolle 44 voces temáticas sobre longametraxes e documentais, á vez que se refire á lexislación ou á relación do cine como arte e industria, unha contribución que senta un piar dentro deste serctor que está en cernes de estructurarse.
Seminario
A Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual organiza, entre os días 27 e 31 do presente mes e en Santiago, un seminario de "Estratexias de márketing e promocion do audiovisual" dirixido a dar respostas ás necesidades da industria audiovisual galega e fomentar o coñecemento e a aplicación das oportunas estratexias e técnicas de márketing neste sector que está en vías de vertebrarse. O curso está orientado ós profesionais e estudiantes relacionados con estas industrias, así como todos aqueles interesados en coñecer todas as ferramentas precisas para colocar con éxito no mercado un producto audiovisual.