Pontevedra celebra nas rúas o Día Internacional da Danza

Un día para cada cousa

Segue sendo a gran minoritaria para todo o mundo. Sen embargo a danza, sobre todo a clásica, consegue encher os aforos cando se programa. Hoxe é o Día Internacional da Danza e en Galicia só se celebra en Pontevedra, cun maratón que percorrerá as rúas da cidade. Con 15 escolas de formación, concentradas en Vigo, Santiago e Coruña desde a Asociación Galega de Profesionais da Danza reclámase máis apoio institucional. Algo que desde o Instituto Galego de Artes Escénicas (Igaem) non se descarta a través da creación doutra compañía institucional ademais do Ballet Galego. Aquí conseguiuse unha boa canteira, hai academias e hai un nivel de formación, sen embargo falla de cara a exhibición. As cifras falan por si soas, os principais bailaríns galegos están trunfando nos escenarios españoles e estranxeiros.

Sen parar de bailar


O día Internacional da danza é, como todos os días nos que se celebra algo, unha convención. Unha que se botou a andar en 1982 da man da Unesco co obxectivo de homenaxear ó gran innovador do Ballet Clásico o coreógrafo francés Jean Georges Noverre, que naceu tal día coma hoxe pero en 1727. Desde que se institucionalizou este día cada ano unha personalidade da danza que difunde unha mensaxe coa que rende unha homenaxe á danza. Este 2002 é o de Katherine Dunham, toda unha renovadora da danza brasileña e caribeña, que lanzou unha mensaxe "Non paredes nunca de bailar". E a súa mensaxe foi ben acollida en Galicia que a poñerá en marcha en Pontevedra cun maratón de danza que se desenvolverá polas rúas da cidade do Lérez. Un acto que forma parte da V Mostra de Danza que se celebra desde o venres e que durará ata mañá. Un espectáculo que ten como principal obxectivo levar as danzas á rúa para achegala á xente e conseguir que os propios cidadáns e espectadores interactúen cos artistas e coas súas obras.
E a primeira en facer o seu espectáculo é da man de "Teatro la Arena" de Buenos Aires cunha peza que se asenta en sinxelos recursos escénicos.

Nivel en Galicia


O nivel da danza en Galicia vai medrando a pasos axigantados en pouco tempo, sen embargo os resultados son pouco visibles, ou cando menos en Galicia. Hai quince anos a penas había academias, nin escolas de danza. Hoxe o panorama é bastante diferente. Existen uns 15 centros de tipo oficial e está a piques de crearse a escola profesional de danza. A parte da formación, a todos os niveis e o estilos está case normalizada. Pero o problema é cando a danza deixa de considerarse un hobby e pasa a ser unha profesión. E aí é cando os bailaríns teñen que deixar Galicia para probar fortuna. A única compañía pública existente na comunidade é o Ballet Gallego Rey de Viana, que é unha compañía de baile folclórico con base clásica. Por iso desde a Asociación Galega de Profesionais da Danza increpan ó apoio institucional, algo que desde a IGAEM non se descarta, coa creación dunha compañía institucional ademais do Ballet Galego. Na partida presupostaria que haitualmente manexa o Igaem o 40% destínase á música e á danza e o seu xerente, "cada ano se destina máis recursos á danza". Sen embargo as compañías quéixanse de que pasan meses traballando e esforzándose para crear un espectáculo que só poden exhibir nun único centro e con poucas recaudacións. Un problema que a maior parte dos seus bailaríns solucionan buscando o seu futuro profesional noutras partes do mundo.