O audiovisual galego bate marcas de produción

As primeiras cifras económicas fiables obtivéronse no 2003 cando se publicou o Libro Branco

29/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Desde o 2003 ata o día de hoxe o audiovisual galego incrementou todas súas cifras. As de facturación (pasou de 161 millóns de euros a 221), as de número de empresas (de 352 a 411), as de xente que emprega (de 2.300 a 2.700) e de producións (de 101 a 273). Son as cifras que facilita (agás producción que as fixo públicas a Consellaría de Cultura) o Observatorio do Audiovisual que depende da Secretaría Xeral de Comunicación. Os datos que manexa o Observatorio evidencian que as televisións e o sector de animación obteñen cifras negativas (perden o dobre do que facturan), mentres que as empresas de dobraxe son as que amosan maior rendibilidade.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

20/05/2014

O panorama empresarial

O número de empresas culturais non diminúe malia ao impacto económico da crise no sector

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación

Claves

Conceptos