Pontevedra acolle a V Mostra de Danza exhibindo variedades e estilos novos

Canto de cisne

A danza segue a ser a irmá pobre das artes, a máis minoritaria e a que menos presencia pública ten. E co obxectivo de promocionala, a Consellería de Cultura decidíu botar a andar unha Mostra Internacional de Danza. Un evento que se vai consolidando pouco a pouco e que cumpre agora a súa quinta edición. Do 26 ó 30 de abril, Pontevedra convertirase no refernente da danza en Galicia. E o encargado de abrir as funcións será a compañía catalana Nats Nus con "Ful".

Cinco anos de variedades


Desde que en 1997 a Consellería de Cultura decidise crear un evento para educar e introducir esta arte nos públicos máis novos, as cousas para a danza non melloraron demasiado. Segue a ser un xénero pouco programado por partes dos axentes culturais (sexan públicos ou privados) pero que enche os escenarios cando hai función. A última compañía de danza que estivo na cidade do Lérez foi "Ballet de Brno" da man de Caixanova e rexistrou un cheo absoluto no Pazo de Cultura.
Uns resultados que se poden repetir desde mañá nunha mostra que pretende ofrecer máis variedades e máis estilos, ou polo menos neste aspecto se pretenden centrar os obxectivos para este ano. E para o programa xa hai vellas caras coñecidas para o público pontevedrés. Nats Nus de Barcelona, a encargada de abrir mañá a Mostra con "Ful" (ás 21 horas) xa é unha asidua a este festival. Este ano a compañia de Toni Mira, director e atuor e bailarín, centraranse nun espectáculo no que o corpo humano é o eixo principal da coreografía.
A seguinte cita co espectáculo chegará o día 27, que coincidindo co Día Internacional da Danza, se celebrará un maratón polas rúas na que participarán dez escolas de Galicia (das que catro son de Pontevedra). Coa resaca do maratón, será outra compañía galega, neste caso Druída Danza (A Coruña) será a encargada de presentar "Lúa amarga" (ás 21 horas).
Un día despois, o 29, a compañía arxentina Teatro La Arena exhibirá co seu espectáculo titulados "Bellas artes" como é o nivel de danza do seu país.
Pecha a mostra a compañía mallorquin, Mariantonia Oliver, coa súa última montaxe "Bobot".

Prezos e sesións especiais


E se os obxectivos desta Mostra Internacional de Danza eran os de popularizar e dar a coñecer a danza, que mellor xeito de facelo que con sesións para nenos (para normalizar o xénero desde nenos) e con prezos populares.
O público infantil será o protagonista das dúas próximas xornadas do certame, para o que prepararon sesións de mañá ás doce da mañá (coa que teñen sesións concertadas para os colexios). Unhae ntrada que será de 1,5 euros.
E por outra banda, os prezos varían en función da hora, do tipo de espetáculo e do público ó que vai dirixido. Para o maratón está fixado un prezo de dous euros, e o resto de espectáculos valen 4 euros (a metade para edusiantse e xubilados). E as entradas poderán conseguirse na Taquilla do Teatro Principal e tamén no propio despacho de boletos do Pazo da Cultura o día propio do espectáculo.