Os espectáculos culturais medran en Galicia e trunfan máis os de fóra

Un canon para a cultura

Cada actuación ten un canon por dereitos de autor. E o organismo encargado de recaudar eses cartos é a Sociedade General de Autores (SGAE) que acaba de presentar o seu balance anual en Galicia. E faino presentando uns datos moi positivos que falan dun incremento no número de actuacións (e a súa diversificicación) e, polo tanto, un aumento no número de ingresos. Tanto que este ano se recaudaron máis de 12 millóns de euros. A presentación dos resultados amosou un panorama moi optimista que tivo un guiño doble: o primeiro contra o pirateo e o segundo cara os hostaleiros de Compostela cos que este organismo aínda non ten fixado un acordo.

Máis e máis variados


O delegado da SGAE en Galicia, Javier Vidal e o director de Artes Escénicas, Alfredo Carrión foron os encargados de dalas contas dos ingresos acadados pola entidade con respecto ó ano pasado. E a tónica xeral amosou un incremento de todos os sectores culturais que supuxeron un ingreso do 2,2% con respecto ó ano pasado. E todo isto consideraron que eran bos indicadores da saúde cultural (e de espectáculos do país). Pero non todos os sectores se comportaron do mesmo xeito, é dicir, aínda que todos creceron hai diferencias notorias entre eles.
A do 2001 foi unha boa temporada da "música en vivo" que conseguíu bater cotas de asistencia. Sen embargo, nos dez espectáculos máis taquilleiros non se atopa ningunha producción galega. Encabeza o topten Alejando Sanz con su "El alma al aire", Julio Iglesias e Estopa.
Non foi mala para a música clásica, que segue a afianzar como terreo de exhibición á Coruña, sobre todo no Pazo da Ópera e sendo a Orquestra Sinfónica de Galicia a principal formación.
Medran tamén os espectáculos de teatro e de tipo coreográfico, que teñen máis presencia en vilas pequenas. Neste apartado, que amosou un crecemento do 54%, a tendencia segue a ser a mesma que a dos concertos, que é que sexan espectáculos traídos de fóra. Pero non só iso, senón que desde a propia SGAE quíxose facer fincapé que neste tipo de eventos, xorde con importancia que a metade destas representacións son promovidas polo Centro Cultural CaixaVigo (agora Caixanova).

E os atrancos


E desde a SGAE non quixeron desaproveitar a ocasión para dar conta dos dous principais atrancos e riscos que está a sufrir o sector hoxe en día.
En primeiro lugar, o do pirateo. Un feito que fixo que o sector discográfico siga a ser o que menos medra (aínda que segundo os últimos resultados parece que se está a recuperar gracias ó filón de fenómenos como "Operación Triunfo"). Aínda así, a venta de discos en Galicia medrou un 4% (máis que no resto do estado que provocou un descenso do 2%). Os motivos destes datos son os mesmos que os que desde hai varios anos traen de cabeza por un igual ás casas discográficas e á SGAE: o pirateo.
E, en segundo lugar (e en ámbito máis local), Javier Vidal, lanzou unha nova petición ós hostaleiros da cidade de Santiago para acadar un acordo e poñer así fin a un conflicto e tomando como referencia o que hai dúas semanas sellaron cos empresarios nocturnos.