A Escola de Arte Dramática comezará a funcionar mentres se constrúe o edificio

Entreactos

Xa hai unha ubicación para o Centro Superior de Arte Dramática. Será en Compostela, como estaba previsto, e ó lado do Auditorio. Un feito que é posible tralo acordo que asinaron o Concello de Santiago e a Consellería de Educación. Pero o inicio das obras estará previsto para o 2004 e, mentras tanto, desde concello estanse a realizar xestións con Xornalismo e Filoloxía para votar a andar o ciclo en breve. Tamén de teatro e de estudios, pero neste caso de teatro afeccionado é a IV Mostra de Teatro Universitario de Pontevedra que comeza esta tarde.





Edificio


O Concello de Santiago está a cumplir súa palabra cando deixou constancia de que quería que o Centro Superior de Arte Dramática se instalase en Santiago. E o espaldarazo definitivo a ese propósito ou declaración de intencións deuno coa sinatura dun acordo coa Consellería de Educación en coa cesión do terreo. Un espacio de 15.000 metros cadrados situado ó lado do Conservatorio. En función dese convenio investiranse 2.689.529 euros (uns 447.500.ooo pesetas) que custearán o Concello (con 806.858 euros) e a Consellería (con 1.882.670 euros).
E neste mesmo documento, tamén se fala de data. Segundo estas previsións as obras iniciaranse de cara final deste ano e está previsto que se rematen no 2003 para comezar as actividades no 2004.
De entrada, as características do terreo permitirían construir o edificio acorde coas posibilidades que establece o Real Decreto do Ministerio de Educación de 1992 que fixa como posibilidades mínimas, un obradoiro de escenografía (70 metros cadrados), aulas de interpretación (90 metros cadrados) e un teatro con capacidade mínima de 250 plazas.

E mentres tanto


E mentres se constrúe o edificio do Centro Superior de Arte Dramática, o Concello está valorando a posibilidade de que se inicien os seus estudios con anterioridade. E sería posible se se consegue un acordo entre os responsables da Conselería de Educación e o Consello da Cultura Galega. De momento pensárase no cesión temporal de instalacións por parte de Xornalismo e Filoloxía, unha opción que os seus respectivos decanos acollen con "bo disposición", agora ben, coa correpondente adaptación horaria.
E segundo un informe presentado á Consellería de Educación, o centro podería botar a andar cunha plantilla de nove profesores, dos que cinco serían funcionarios en comisión de servicios, e catro contratados como interinos. Ademais, co cnetor requeriría cinco traballadores non docentes, para labores de administración, conselería e bilbioteca, ademais doutros materiais de equipamento e infraestructura para poñerse en marcha.



E teatro en Pontevedra


Primeiro foi en Santiago e Lugo, logo veu Ourense e agora chega Pontevedra. Na cidade do Lérez comeza a IV Mostra de Teatro Universitario de Pontevedra que dará comezo hoxe coa no auditorio Caixanova e que se prolongará ata o vindeiro venres. Durante cinco días compañías procedentes de diferentes países pretenden amosar o nivel actoral no ámbito universitario.
A mostra está promovida pola Aula de Teatro do Campus de Pontevedra, que pretende consolidar este evento dento da vida cultura de Pontevedra. De feito, a coordinadora da sección, Casilda García, apuntaba para o xornal da Universidade de Vigo que "ata o de agora dependiamos de factores externos, como as subvencións, pero de cara ós próximos anos sería boa idea elaborar un programa e invitar ós grupos seguindo uns criterios de afinidade entre eles, por exemplo, poderíamos dedicar unha edición ó teatro en Europa, e traer representantes destes países”.