"O bosque animado" foi o gran vencedor dos Chano Piñeiro con sete galardóns

Un bosque de piñeirais

Mellor película, mellor director, mellor guión, mellor banda sonora, mellor dirección artística, mellor dirección de producción e mellor fotografía. Estes foron os galardóns que levou para a casa "O boque animado", a gran triunfadora da noite den entrega dos Chano Piñeiro. Unha gala que estivo marcada por moitos guiños ó cine hollywoodiense e que tivo na cidade de Nova York o seu fío conductor. Un evento que veu a recoller o testemuño deixado polos AGAPI que pretenden premiar ó audiovisual galego.

Listado de gañadores


A cidade de Nova York foi o motivo principal que servíu de fío conductor para engarzar a gala de entrega dos Chano Piñeiro. E así, entre sketch e sketch, fóronse entregando os 24 premios que están repartidos nas diferentes categorías e que se recollen no seguinte listado:

Mellor longametraxe:
"O Bosque Animado"

Mellor interpretación masculina: Ernesto Chao, por "Condenado a vivir"

Mellor interpretación feminina:
Marta Larralde (Lena)

Mellor dirección:
Ángel de la Cruz e Manolo Gómez (O Bosque Animado)

Mellor dirección de producción:
Juan Nouche, por "O bosque animado"

Mellor dirección artística:
Alberto Taracido, por "O bosque animado"

Mellor formato de TV:
"A memoria cotiá", de Formato Vídeo

Mellor serie ou filme de ficción:
Condenado a vivir (Continental)

Mellor fotografía:
Alejandro Bálsamo, por "O bosque animado"

Mellor guión:
Ángel de la Cruz, por "O bosque animado"

Mellor producción multimedia:
Trofeo-Ibisa

Mellor producción documental:
"Amando de Ossorio", de Lorelei Producciones.

Mellor curtametraxe: "Inútil", de Paco Rañal, de Pórtico

Mellor realización:
Luis Segura, pola serie "Rías Baixas"

Mellor anuncio: "Boda Pepsi Light", de Continental

Mellor filme español:
"Lucía y el sexo"

Mellor producción de televisión:
"Desde Galicia para el mundo"

Mellor maquillaxe e peluquería:
Lola López, por "Lena"

Mellor montaxe:
Gerardo Rodríguez, por "Rías Baixas"

Mellor presentadora:
Nieves Rodríguez, por "Desde Galicia para el mundo"

Intérprete de reparto:
Finola Vázquez, por "Rías Baixas"

Mellor producción de animación:
"Os defuntos falaban Castelao", de Lúa Films

Mellor banda sonora orixinal:
Arturo Kress, por "O bosque animado"

Mellor son:
Pablo Beade, por "Os defuntos falaban Castelao"

Uns galardóns que amosaron tres claras tendencias. En primeiro lugar o éxito imparable que está a levar o equipo de Dygra con "O bosque animado" que logo de conseguir dous Goyas continúan colleitando premios en todos os certames nos que se presentan.


O momento das homenaxes


E a gala de entrega dos premios comezou cunha pequena homenaxe a quen co seu labor contribuíu ó desenvolvemento do audiovisual en Galicia. E fíxose, como non podía ser doutro xeito, cunha montaxe de vídeo, con declaracións dos seus protagonistas. Alí estaba o recén finado Carlos Casares de quen se estractaron declaracións súas falando de que o cinema influeu na forma de narrar de moitos dos escritores galegos; e cortes da curtametraxe de de Chano Piñeiro "Mamasunción".
E non só iso, a gala pretendeu ser unha homenaxe á cidade de Nova York, na que discurre o momento fílmico da gala. Un evento que contou con menor participación.



Novidades


Eran os primeiros premios Chano Piñeiro, pero no fondo, eran novos pero non novatos. E é que estes novos premios viñan a recoller o testemuño deixado polos AGAPI, co que moitas das súas sinerxias xa se aproveitaron no desenvolvemento deste certame. A viúva de Chano Piñeiro, figura central do novo galardón, tamén quixo aportar o seu gran de area, e na propia gala, recordou da figura do seu marido "Chano dicía o ciena galego é posible e necesario". Estes premios están promovidas polas asociacións de productoras galegas do audiovisual Agapi e AEGA (Asociación de3 Empresas Galegas do Audiovisual) e contan coa colaboración de Caixanova, a consellería de Cultura, o Concello da Coruña e o Centro Galego de Artes da Imaxe.